Seguidores e seguidoras

martes, 19 de abril de 2022

Escribano palustre (Emberiza schoeniclus), la joya de A Frouxeira

  Ayer salí con José Ramón Castro para muestrear puntos donde criaba la rara buscarla pintoja (Locustella naevia), especie en severo declive por el norte gallego. Las últimas citas propias que tengo (de aves presumiblemente reproductoras, no migrantes, ojo) son de Junio de 2018 en Doniños y Mayo de 2016 en Valdoviño. Desde entonces nada. Y este lunes festivo tampoco hubo suerte en las prospecciones por Lago y Meirás, parroquias de Valdoviño donde históricamente criaba la pintoja.

Buscarla pintoja (Locustella naevia) aportando material para nido en Meirás, Valdoviño (2012)

  En fin, otra que se nos va.

Buscarla pintoja (Locustella naevia), Lago, Valdoviño (2016)
Canon SX60  focal 1200 mm  ISO:200   V:1/250  F:6,3

   Una de las características de muchos de los nuevos "pajareros", los coleccionistas, es que no diferencian ni valoran nada más allá de la especie concreta que observan. Para ellos es lo mismo ver un zarapito que ver quinientos, es lo mismo ver una buscarla en paso otoñal que verla criando en junio. No tienen noción de las poblaciones de aves, de su distribución o de la importancia de nuestros ecosistemas. A veces quedo sorprendido al comprobar hasta donde llega la ignorancia de alguno de estos modernos cazafotos en cosas básicas; aunque luego te sorprenden porque diferencian con suma facilidad una michahellis de segundo invierno de una argentatus!

  Viene esto a cuento porque si le preguntáis a los pajareros qué buscan en la laguna de Valdoviño la mayoría te dirán que tal limícola, moritos, avetoro o carricerín cejudo. Pocos dirán que buscan al escribano palustre, que sin embargo es quizá el ave más emblemática de esta laguna. Seguramente porque ya han visto la especie en no sé donde durante el invierno. Por eso cuando salgo con gente que empieza en esto siempre intento, desde mi modesta capacidad, que aprendan primero sobre ornitología, sobre Naturaleza.

  Tras el muestreo negativo de buscarla me animé a volver a mi laguna, aunque por la orilla occidental, bastante menos transitada.

Laguna de Valdoviño, "Baía da lontra"

 Reconozco que me emocioné un poquillo al volver a estar con ella (son 36 años de "relación").

Laguna de Valdoviño, marisma

Mucho más me emocioné cuando José Ramón me informaba de "un pájaro negro" en el carrizal, que finalmente resultaron ser tres machos cantores de escribano palustre, especie amenazada de extinción en Galiza (y resto del NW español).

Machos de escribano palustre (Emberiza schoeniclus lusitanicus)
Foto: José Ramón Castro Gómez (Nikon P900, a unos 500 m)

   Avistamos 2 machos en el carrizal del río Vilar, la de más densidad de la especie, y otro en el sector SW. No tuvimos tiempo para más porque teníamos que volver a Ferrol.

Escribano palustre (Emberiza schoeniclus lusitanicus) junto a lavandera boyera

 Quedé con ganas de ir a cierto sitio desde donde censo al escribano con el telescopio pero por lo visto ayer parece que la especie mantiene población en A Frouxeira (que calculo en 5-7 parejas dependiendo del año y aplicando el criterio del censo de SEO que indicaba una pareja por macho cantor observado en fechas apropiadas).

Interior del carrizal/juncal salino

 Me despido con una foto histórica, de un día que tuve mucha suerte al contemplar una pareja de palustres que cebaban los pollos en el interior de la marisma.

Escribano palustre reproductor portando Ischnura elegans para pollos

  Viendo el éxito de esta visita no programada es probable que vuelva a verme con ella, evitando desde luego el lado oriental por lo que ya imagináis.

  A todo esto, sabiendo que esta laguna posee un plan de conservación propio, sabiendo que el escribano palustre tiene también un plan específico de conservación y debido además a la importancia de este humedal estratégico para la especie, me pregunto a qué demonios espera la Xunta de Galiza para montar observatorios que sirvan para poder censar a los escribanos. ¿Habrá algo más importante? (pregunto).

9 comentarios:

  1. As túas fotos de folosa pintada sempre me deron moitísima envexa; non so da foto en si, senón da calidade das observacións dun paxaro que so vin unha vez, e "facendo trampa" (caeunos na rede nunha sesión de anelamento, en outono). Escoiteinas cantar en Francia, sen velas. Xa caerán. Mágoa que non vaia ser en Galicia, semella...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En Galiza aínda aguanta na Mariña luguesa. En datas máis recentes foron observados carrexando material para niño e mesmo bicada para polos na zona de Barreiros-Ribadeo. Tomara fotos o colega Óscar Chao Penabad, non sei se o coñeces.
      Onde a cousa pinta negra é na provincia da Coruña, aínda que non quero dicir que non críe. Mas resulta unha especie difícil de detectar se non está a cantar. Considero moi probábel que haxa aínda parellas reprodutoras en prados salvaxes ou canaveiras da comarca de Ferrol ou mesmo en Louro, onde a observei en datas válidas hai uns anos. Máis ao sul será complicado. Iso si, sempre en áreas litorais.
      Apertas, Antón.

      Eliminar
  2. Boas Xabi! Dis que "Una de las características de los nuevos "pajareros", los coleccionistas, es que no diferencian ni valoran nada más allá de la especie concreta que observan", e engades que "No tienen noción de las poblaciones de aves, de su distribución o de la importancia de nuestros ecosistemas". Ben, estou só parcialmente dacordo contigo. A aproximación dunha persoa á natureza ten multitude de matices: unha persoa pode gozar simplemente vendo as aves desde a súa fiestra, outra é feliz vendo crecer unha cerdeira que plantou, aínda outra pode ser feliz só cando mete rexistros nunha plataforma de ciencia cidadá e os ve integrados nos mapas e nas estatísticas. Non culpo para nada aos "mirapaxaros", porque, ademais, incluso o máis avezado "ornitólogo" (no sentido estrito da palabra) pode ser "mirapaxaros" nalgún período da súa vida. Ou o que era antes "mirapaxaros" contribúe cun estudo maior, grazas a que mete as citas en eBird, Observation, ou en calquera plataforma online. Tamén che digo: temos a imaxe de respectados estudosos da natureza que, en realidade, non moven un dedo para defender Galiza da eucaliptización ou dos macroproxectos enerxéticos, e, por contra, "friquis" das aves raras que están botando unha man moi necesaria nestas loitas. Ollo con xeralizar entre os "nosos", xa que a realidade social é moi poliédrica e moi dinámica. Iso si, hai moitos "outros", auténticos depredadores desde a súa ignoracia ou mala baba, que non dubidan en rociar as beiras dun regato con glifosato, cortar dez carballos centenarios "porque lle daban sombra" ou plantar eucaliptos a sabendas de que é ilegal nunha toxeira inzada de papuxas do mato e chascas. E/ou que votan a partidos políticos que ven Galiza como un terreo "con un 50% del territorio improductivo". Iso é o día a día... Dediquémonos a que os "outros" sexan menos e menos lesivos e os "nosos" sexan (sexamos) máis e máis formados. Para iso é necesaria moita educación, en todos os treitos de idade. Hai que publicar e facer "lobby": o teu blogue é unha ferramenta para iso, está claro, así como as redes sociais e o noso día a día de conversas con veciños e veciñas e coas nosas familias. Un traballo lento, ingrato e cheo de sinsabores, pero necesario. Unha aperta crack, Damián

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ben, vaia por diante que a frase orixinal era "Una de las características DE MUCHOS de los nuevos pajareros...". A miúdo como palabras ou proposicións cando publico. Normalmente é ao día seguinte cando reviso ou cando me comentan algo que detecto eses erros, como foi o caso agora. Pensa que precisamente me ten namorado (no sentido naturalista da palabra) ún deses "nuevos pajareros", que por suposto non inclúo. Esa afirmación vai dirixida a unha parte dos afeizoados que, na miña opinión, disparouse coa aparición das redes sociais e a normalización da fotografía.
      Xa temos falado disto longo e tendido en galiciaves e recoñezo que nalgunha ocasión dixen cousas bastante duras (das que me arrepentín co tempo porque tampouco pretendía ser tan severo). Porén neste post penso que son bastante obxectivo. Ti dis que son os nosos compañeiros, pero eu non sei até que ponto. Coa que está caendo no Planeta, unha persoa que cruza a Península en avión (ou en carro) para ver unha Píllara siberiana en Neda volvendo ao día seguinte a Murcia, Canarias ou Madrid pois fai algo que sinceramente non podo comprender. Se a min xa me dá "cosa" conducir o meu carro ata Moeche para controlar os picanzos ou tomar unhs fotos! Ogallá puidese ir en tren!
      Por outra banda, non gosto nada do "cleptoparasitismo" que exercen moitos deses cazafotos. Porque é así. Basta que fulano de tal vexa un merlo papudo na Capelada para que se forme unha procesión de visitantes para afotar ao susodicho. Despois esperarán ao próximo bicho que apareza publicado no grupo de whatssap ou ebird. Todos gostamos de ver aves raras, por suposto! pero iso de estar parasitando e ÚNICAMENTE aproveitar o esforzo dos outros non é do meu agrado. E hai moita xente agora que o fai. Non hai máis que abrir o facebook. Aparece tal cousa non sei onde e zas, culo veo culo quiero.

      Respeito as diferentes maneiras de enfocar o achegamento á Natureza. Pero hai formas que na miña opinión se alonxan moito da maneira recomendábel. Por exemplo: o que vai coa mascota.

      Un abrazo, Damián.

      PD: Outra cousa. Unha cousa é o ecoloxismo e outra o naturalismo. Son vasos comunicantes desde logo, pero son aspectos diferentes. Eu admiro moito aos ecoloxistas, sobre todo o traballo que levan estudando a lexislación, preparando alegacións ou mobilizacións cidadás, pero un ecoloxista non ten por qué ser naturalista e viceversa. Unha persoa pode adicar o seu tempo á observación e estudo da Natureza pero non ter ganas, tempo, capacidade ou esperanza na actividade estritamente ecoloxista.

      Eliminar
  3. José Antonio de Souza20 de abril de 2022, 14:25

    Hola, mozos. Ante todo, enhorabuena por esas observaciones, que parece que hoy día es más difícil encontrar una escribenta en un carrizal que topar con un gorila de montaña...
    Sobre los "mirapaxaros", unas me van y otras me vienen: entiendo perfectamente las críticas de Xabi, pero sé que no es bueno generalizar, y que en último término muchos de estos van a arrimar el hombro y apoyar iniciativas, si se tercia. Y mejor que busquen pájaros para su lista en lugar de liarse a tiros con todo lo que se mueva, o que azucen los perros contra aves en una playa, o que piensen y hagan cosas lamentables como las referidas por Damián. Dicho esto, lo que sí podéis estar seguros —y creo que esto es el asunto crucial— es que hace 35 o 40 años no había esas diferencias y contrastes un tanto extraños dentro del colectivo de observadores de aves (o de lo que sea): lo que había, dejando solo a muy pocos profesionales de lado, era naturalistas genuinos, con un amplio abanico de preferencias e intereses, pero siempre enfocados a tratar de entender y, a menudo, investigar la historia natural de seres vivos en sus hábitats, y a luchar por la conservación de especies y hábitats. Ese espíritu es lo que yo echo más en falta actualmente. Y, como ya he comentado algunas veces, me duele que no sobrevivan proyectos como el anuario ornitológico de Galicia, o que, en su caso, la abrumadora mayoría de las observaciones de aves no se recojan en noticiarios como el NOG.
    Un abrazo y hasta otra estupenda entrada.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Vaia, levaba escribindo 20 minutos pero en vez de darlle a "responder" deille a "añadir" e non sei a onde demo foi a miña resposta, Jose. Resumindo, á frase faltáballe unha parte ("de muchos").
      Para min hai unha evidencia moi didáctica, Jose. Na túa época ou na miña a xente íamos a "lugares": á terra Chá, ao encoro de Cecebre, á lagoa de Valdoviño, á serra de Ancares. Logo cadaquén adicábase ás aves, aos hérpetos, aos insectos, á flora, á fotografía ou á pintura (como o gran Calros Silvar). Pero íamos ao espazos naturais como norma xeral (lóxicamente se se facía un traballo sistemático dunha especie concreta ou un censo sería diferente). Agora van exclusivamente a ver tal bicho, obviando todo o demáis. Quer dicir, separan o bicho do seu entorno, que lles resulta irrelevante. Para min esa forma de enfocar a afeizón naturalista non é moi normal.

      Vaia por diante que non estou a facer unha crítica ás persoas (lévome estupendamente con moitos deles!) senon a unha maneira de entender a observación de Natureza que na miña opinión se afasta demasiado do que sería recomendábel, especialmente nestes tempos de cambio climático (o de cruzar España para ver unha limi rara me supera).

      Un abrazo, mestre.

      Eliminar
  4. José Antonio de Souza20 de abril de 2022, 19:05

    Qué me vas a contar, Xabi, que me tienen llamado alguna vez para ver una bandada de una especie más o menos rara, muy singular en cualquier caso, aquí, en la ría do Burgo, a 200 m de mi casa, y ni siquiera llegué a bajar. Sostengo que, salvo para el posible caso de especies endémicas relictas o de distribución extremadamente restringida, lo más interesante, lo verdaderamente excitante, es conocer a fondo los paisajes y sus entresijos, y ya muy secundariamente las especies. Los primeros son irrepetibles, los segundos no.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos