A problemática medioambiental e social provocada pola invasión canina ou gatuna é algo específico do século XXI e das novas tendencias animalistas-peluchistas. Pero no século pasado o mascotismo trouxo tamén terríbeis consecuencias medioambientais cando se puxo de moda manter en terrarios animais exóticos coma tartarugas de Florida, pitóns ou varanos do Nilo.
Hai pouco entereime que no Parque Nacional dos Everglades (EEUU) teñen un grave problema coa pitón de Birmania (preme) da que se calcula pode haber 150.000 exemplares dentro do parque, que predan sobre a fauna autóctona como mapaches, raposos ou caimáns. Unhas pitóns que apareceron por culpa da solta de alguns irresponsábeis, auténticos terroristas medioambientais.
Paradóxicamente en Europa temos problemas precisamente coa invasión do mapache ou da tartaruga de Florida, que afectan á nosa biodiversidade por predación, transmisión de enfermidades ou competencia ecolóxica. Pero son innumerábeis as especies invasoras procedentes da cría en terrario que acabaron por se reproducir nos ecosistemas doutros países ou doutros continentes como sucede nos casos mencionados .
Todo cortesía do criminal negocio mascotista. Un negocio que se dedica a importar fauna exótica capturada nos seus hábitats de orixe ou ben a crialos en cautividade para lucrarse coa súa venda sen importarlle o que suceda depois, cando moitos dos seus propietarios se cansen deles e decidan soltalos no medio natural.
Isto foi o que pasou con este dragón barbudo, un saurio da familia das agamas orixinario de Australia, e cuxo propietario pretendía soltar na comarca de Ferrol.
Sempre estiven en contra da tenencia de animais exóticos en terrario. Se somos tan críticos coa caza, debemos selo igualmente con esta práctica da terrarofilia ou coleccionismo de animais exóticos. Deixemos a fauna no seu sitio de orixe e se queredes ver dragóns de Komodo poñedes a televisión na dúas pola tarde para ver un documental. Colaborar co negocio do mascotismo é colaborar co maltrato animal e xerar potenciais riscos para o medio ambiente en caso de solta ou fuxida. Así de sinxelo.
Aún me hablaron de un chico que tiene tarántulas,lagartos y serpientes.Y una cosa los terrarios tiran de mucha corriente y ese puede ser un caso de suelta o también por qué dan mal olor y los echan fuera sin perjuicio ninguno.
ResponderEliminarPois non o pensara pero tamén os poden ceibar por eses motivos, certo.
Eliminar