Seguidores e seguidoras

miércoles, 4 de enero de 2023

Lagoa da Frouxeira (Valdoviño), censo de acuáticas

  Esta mañá José Ramón Castro Gómez visitaba a lagoa de Valdoviño (A Coruña) e animábase a facer un reconto completo de aves. Os censos de invernantes comezan este fin de semana e sempre interesa dispór de censos previos, aínda que o censo de JR non será tan preciso coma os que fago eu, lóxicamente (el aínda está empezando a contar). Aínda así e ollando o resultado semella aproximado dabondo en liñas xerais.

  Imos coas matemáticas. Os nomes galegos van conforme á nova lista consensuada e publicada o ano pasado (que non a volvan cambiar outra vez, mecagoendiola....).

  • 1 Cisne mudo (Cygnus olor)
  • 1 Cisne bravo (Cygnus cygnus)
  • 17 Patos cullereiros europeos (Spatula clypeata)
  • 149 Patos cincentos (Mareca strepera)
  • 1 Pato asubiador común (Mareca penelope), femia
  • 256 Lavancos reais (Anas platyrhynchos)
  • 228 Cercetas comúns (Anas crecca)
  • 17 Patos chupóns europeos (Aythya ferina)
  • 1 Pato de bico anelado (Aythya collaris)
  • 3 Patos cristados (Aythya fuligula)
  • 52+ Merguilletes comúns (Tachybaptus ruficollis). Hai aprox 100 ex pero contar ben esta especie na lagoa é extremadamente difícil e necesitas moita experiencia (e paciencia).
  • 3 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
  • 5 Galiñas de auga comúns (Gallinula chloropus)
  • 98 Galos de auga comúns (Fulica atra)

Cisne bravo (Cygnus cygnus) Foto: JR
Nikon P1000  focal:1600mm   ISO:250    V:1/500    F:6,3
  • 45 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola). Esta limícola pegou un forte baixón en efectivos desde que os mascotistas okuparon a praia ilegalmente. 
  • 31 Pilros comúns (Calidris alpina). Aplíquese o ponto anterior.
  • 1 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 20 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
  • 27 Gaivotas pequenas (Hydrocoloeus minutus). A noticia-bomba deste inverno. En toda a miña vida xamáis observara un grupo da sp (e tan grande) sedimentado na lagoa. 
  • 8 Gaivotas de patas amarelas (Larus michahellis)
  • 10 Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
  • 13 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 5 Garzotas (Egretta garzzeta)
  • 16 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)

  Terminamos con fotos xa publicadas no blogue de patos chupóns europeos, unha anátida cuxos efectivos invernantes están a sufrir un declinio alarmante no noso país por desprazamento das súas áreas de invernada a zonas máis norteñas. 

Grupo de chupóns na Frouxeira

Pato chupón europeo (Aythya ferina)

Patos chupóns e cincentos na Frouxeira

Pato chupón europeo (Aythya ferina) Foto: Don Álvaro Fernández Polo

 PD: Álvaro, quería poñerche marca de auga pero como é un arquivo GIFT o Lightroom non mo importaba (ou non souben como facelo).

10 comentarios:

  1. Que fermosura o Cisne Bravo. Mágoa collelo tan lonxe, máis preto debe apreciarse ben a súa beleza e maxestosidade

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É espectacular, certamente. Olla que o cisne mudo é unha especie invasora pero o bravo é autóctona do norte de Europa. En Valdovo aparece de cando en vez.

      Eliminar
    2. Si María es una belleza ese cisne y que no se si Xabier esta de acuerdo conmigo que no es muy frecuente ver esa belleza de ave.

      Eliminar
    3. Non é un ave digamos "anual" (que chega todos os anos) pero na Frouxeira e Ortigueira vese con certa frecuencia, comparado con outros sitios, onde resulta de presenza anecdótica.

      Eliminar
  2. Bon traballo o de José Ramón. Coido que xa lle podes dar o carné de censador B. Pero a este paso, se se aplica e co mestre que ten, non tardará en acadar o A. Unha aperta para os dous.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchísimas gracias por sus palabras Álvaro y feliz año que venga con muchos patos y Limícolas.

      Eliminar
  3. José Antonio de Souza Bazarra5 de enero de 2023, 13:02

    Amigos, parece que hay un error (supongo que de transcripción) en la cifra de Aythya ferina: en las fotos se llegan a ver casi 50 individuos, claramente no 17. Y por cierto, el bajo número en Galicia (y creo que en España en general) podría deberse a una retracción en el área de invernada en el SW europeo, con muchas más aves en el norte y centro de Europa. Cosas del cambio climático, que se notarán aún mucho más en inviernos temperados en estas zonas más norteñas, cuando es posible que casi desaparezcan por aquí. Veremos.
    Un fuerte abrazo, feliz 2023 y que os traigan muchas cosas los reyes eméritos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non é un error, José. Efectivamente nesas fotos hai máis de 17 chupóns, porque foron tomadas en anos anteriores (fíxate que indico "fotos xa publicadas").
      Con respito ao desprazamento cara zonas máis norteñas (que xa incorporei ao texto) algo xa sabía. Comentárame Damián que nun país de Centroeuropa (Checoslovaquia?) construiran unha serie de estanques para cría de carpas que pasaron a reunir concentracións espectaculares de ferina, penso que de centos de miles. Se ademáis o inverno xa non trae frío pois entendo que se queden alí. Modifiquei tamén a frase na que aludía ao seu declinio en Galiza. É certo que tal como estaba de resaltado podería entenderse que a especie está en perigo de extinción e non era a miña intención.
      Un abrazo, e feliz 2023.

      Eliminar
  4. José Antonio de Souza Bazarra5 de enero de 2023, 14:19

    Ah, vale, no me había fijado en ese detalle porque solo leí las cifras del censo muy por encima (tenía que salir de casa sin falta ya unos minutos antes, y no me paré más), y al ver las fotos claramente noté que había unos cuantos más. Qué pena, ojalá fuese un error. En cualquier caso, aquellos tiempos de finales de la década de 1980 con casi 2.000 porrones comunes solo en la ensenada de San Simón ya pertenecen al pasado remoto. Sin embargo, estos cambios masivos de áreas de invernada son más complejos de lo que podría parecer a primera vista, porque pueden mezclarse diferentes factores, como la pérdida de capacidad de carga de los humedales debido a impactos de origen antrópico (qué en Galicia son realmente devastadores: los medios lacustres gallegos, como muchos de nuestros ecosistemas, están para el arrastre), más allá de los cambios biogeográficos asociados directa o indirectamente al cambio climático. Lo dicho: veremos, veremos como aún hemos de caer más bajo de lo que ahora estamos...

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos