Estes días estamos a ter tempo anticiclónico, co que iso supón: temperaturas mínimas baixas nos vales e terras chás do interior, máis altas nos cumes das serras (polo efecto da inversión térmica).
Temperaturas mínimas rexistradas hoxe por Meteogalicia
Este mediodía facía unha nova visita á lagoa de Valdoviño, aproveitando que nas horas laborábeis a peste canina é moito menor.
Acuáticas na lagoa da Frouseira
Patos culleretes (Spatula clypeata)
Poño a listaxe das acuáticas censadas este mediodía:
- 16 Patos cullereiros comúns (Spatula clypeata)
- ++ Patos cincentos (Mareca strepera) n.c.
- 5 Patos asubiadores (Mareca penelope)
- +++ Alavancos reais (Anas platyrhynchos)
- 3 Patos albelos (Anas acuta)
- 314 Cercetas comúns (Anas crecca). Número algo impreciso quizá
- 11 Patos cristados (Aythya fuligula)
- 1 Pato de cara branca (Aythya marila) tipo femia
- 2 Mourelos comúns (Melanitta nigra). Anatídea mariña rara na lagoa (só teño outra observación, así de memoria)
- +++ Merguilletes comúns (Tachybaptus ruficollis)
Cercetas comúns (Anas crecca)
Patos cristados (Aythya fuligula) e galos de auga (Fulica atra)
- 1 Furamatos (Rallus aquaticus) detectado en case dúas horas
- 7 Galiñas de auga comúns (Gallinula chloropus)
- Aproximadamente 110 galos de auga (Fulica atra)
- 1 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
- 7 Virapedras comúns (Arenaria interpres) na ribeira da lagoa. Unha limícola común no paso de maio, bastante escasa de inverno na praia, máis aínda na lagoa
- + Pilros tridáctilos (Calidris alba). Deceas
- + Pilros comúns (Calidris alpina). Deceas
- 86 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridbundus)
- 2 Gaivotas de cabeza negra (Ichthyaetus melanocephalus)
- 3 Gaivotas canas (Larus canus)
- + Gaivotas comúns (Larus michahellis/fuscus)
- 1 Cegoña branca (Ciconia ciconia)
- 20+ Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
- 1 Garzota común (Egretta garzetta)
- 5-10 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 10 Cullereiros (Platalea leucorodia)
- 1 Águia pescadora (Pandion haliaetus)
- 2 Tartarañas das xunqueiras (Circus aeruginosus). Unha femia e un xoven. A femia carrexaba un cacho de cana nun comportamento bastante peculiar para o mes de decembro (a especie nunca aniñou aquí que eu saiba).
Virapedras (Arenaria interpres)
Virapedras (Arenaria interpres)
Gaivota cana (Larus canus)
Cullereiro (Platalea leucorodia)
Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) portando cacho de cana. Ao fondo o xuvenil
E con isto rematamos por hoxe.
Buenas, poco después, como dices, un espacio con varias protecciones medioambientales, se convierte en un área canina. No mucho más de las 4 de la tarde, comprobado muchas veces.
ResponderEliminarLas autoridades miran para otro lado, como si esa tropa de malnacidos mandaran sobre todos...