Esta mañá facía outra visita ás Regas de Moeche. É un pouco cedo no calendario pero xa estou coas "esperas mustélidas".
Lugar con pegadas diarias de teixugo (Meles meles)
Waiting for the sun (08:04 hora española)
Estrada principal de As Regas
Coma sempre, logo de facer a espera a mamíferos, realizo unha mostraxe ornitolóxica, cando xa estou tremendo de frío e cos dedos entumecidos (aínda fai fresca de mañá).
Chasco europeo (Saxicola rubicola)
Xa voltaron de África os picafollas ibéricos (Phylloscopus ibericus) e as anduriñas comúns (Hirundo rustica). A semana que vén chegarán as primeiras folosas políglotas (Hippolais polyglotta). Outros migrantes transaharianos coma o picanzo vermello (Lanius collurio) ou o abelleiro europeo (Pernis apivorus) aínda tardarán un mes máis. Podedes ver a listaxe de aves observadas hoxe neste enlace de eBird, case todas especies de carácter eurosiberiano.
Carriza eurasiática (Troglodytes troglodytes)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:1000 V:1/400 F:4
Unha das aves migrantes recén chegadas é o miñato negro (Milvus migrans), rapina que se está a asentar definitivamente na comarca de Ferrol-Transancos-Ortegal.
Miñato negro (Milvus migrans)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:320 V:1/500 F:4
Por desgraza tiña a cámara configurada para disparar só en JPEG (estes días ando moi despistado con perdas de concentración importantes). Unha mágoa, porque a seguinte imaxe é de grande valor documental. Nada máis e nada menos que un miñato negro carrexando unha poliña para a construción do niño, algo aínda raro de ver por estas terras do estremo norte peninsular.
Miñato negro (Milvus migrans). Toma JPEG orixinal
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:100 V:1/640 F:4
Tiven que recdurtar ao límite para poder ampliar o suficiente e que se vise o importante. Para estas cousas os RAW permiten moito máis que os JPEG.
Toma anterior moi recurtada
Parabéns por esa cita do migrans Xabi, moi interesante
ResponderEliminarA. Barros
Grazas, Álvaro. Resulta curioso que onde primeiro comecei a sospeitar da súa reprodución foi en Forcadas e Frouseira. Sen embargo as únicas veces que vin adultos portando ramallada para o niño foi en Ortigueira e agora Moeche (así de memoria e falando exclusivamente da nosa comarca).
Eliminar