Seguidores e seguidoras

luns, 14 de abril de 2025

14/04/2025 Rolas turcas e pombos torcaces

    Levo anos buscando un lugar onde pasear tranquilamente e ao cal poda chegar camiñando desde casa ou, cando menos, facer poucos quilómetros no carro. O máis parecido é o val do Xuvia pero segue estando un pouco lonxe.

   Cada ano que pasa gosto menos de conducir, por diferentes motivos. Agora comeza a mellor época para bichear, na cual tiña programada algunha excursión importante. Sen embargo é probable que finalmente quede por aquí. O sábado deixaba o veículo aparcado na rúa e saía dar unha camiñada polo O Alto do Castaño (1) (Narón), lugar onde nacín e vivín ata a adolescencia.

Vía da FEVE

  Esta zona de Narón, lindeira co concello de Ferrol, forma parte esencial da miña memoria e sempre que vou por aló saco algunha foto de paisaxe, moi diferente hoxe a como era hai corenta anos.

Barrio da Solaina (Narón)



       Cando fago camiñadas de catro ou cinco quilómetros (o dobre cando prosigo até San Pedro de Leixa) o equipo grande queda na casa, obviamente. Agora que vendín a Nikon P950 a única bridge que me queda é a Sony RX10 III, así que non teño moito onde escoller.
 
Solares sen edificar


  Pola rúa que vai ata a ponte peonil sobre o FEVE hai moitas fincas e hortas abandonadas. Días atrás observara unha elevada densidade de rola turca (Streptopelia decaocto), algunhas pousadas moi confiadas. Precisamente nos xardíns daquelas casonas foi onde vira por primeira vez esta rula a mediados dos anos oitenta. Coa intención de fotografar a especie fun por aló o sábado.

Finca abandonada

Rúa Fonte da Cruz desde a ponte sobre o FEVE

   Nesta ocasión non tiven tanta sorte e apenas puiden fotografar un par de turcas, a media distancia e con mala luz.

Rola torca (Streptopelia decaocto). Distancia: 45 m aprox
Sony RX10 III focal 600 mm  ISO:1000   V:1/200   F:4

    Por observacións persoais directas sei que as pegas rabilongas son predadoras das nidadas de pombo torcaz (Columba palumbus) e rolas turcas. Agora que comezou o período reprodutor de ambas especies as pegas vixían de maneira descarada os seus movimentos por se atopan os niños. Por certo que os niños destes colúmbidos son realmente cativos para o tamaño das aves.
  O sábado unha parella de pegas foron directas canda a rola torca e quedaron xunto dela un bon pedazo. As intencións podo imaxinalas.

Rola torca vixiada por pegas rabilongas (Pica pica)

    A estación reprodutora do pombo torcaz é amplísima, con presenza de voantóns mesmo en pleno inverno (observación persoal en Pontedeume). Este adulto acababa de levar unha poliña ao seu niño, situado nunha pequena árbore. Deixei que a colocara e logo lle tomei un par de fotos. Con ISO bastante alto, así que houbo que empregar a I.A. para redución de ruido.

Pombo torcaz (Columba palumbus)
Sony RX10 III focal 500 mm  ISO:2500   V:1/250   F:4

Pombo torcaz (Columba palumbus)
Sony RX10 III focal 500 mm  ISO:3200   V:1/250   F:4

  E así terminamos por hoxe este post breve.

(1) O nome correcto é  Alto do "Castiñeiro" ou "Castañeiro" mas nunca tal escoitei daquela e fáiseme moi raro pronuncialo así, a verdade. Quizá por ser unha forma máis longa.

8 comentarios:

  1. Boas Xabi.Alto do Castaño será unha forma "moderna "se se refire á árbore.Isto é un castelanismo.Porén,se naceron así acostúmanse a respectar nestes topónimos menores,a non ser que tivese outro nome galego previo.En galego coñezo Castiro,Castañeiro e Castiñeiro.Persoalmente resúltame útil que se manteñan esas formas castelanizadas locais,porque dan información de cando xorde o nome

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas, Miguel. Polo tema que tratas dou por feito que és Miguel Conde Teira. Lembra que neste blogue só se habilitan comentarios con nome e apelidos (ademáis ti non és o único "Miguel" que hai por aquí). A próxima vez faino así, porfa.
      Saúdos e grazas por comentar no blogue.

      Eliminar
    2. Pedro Cruzado Díaz
      As pegas son un verdadeiro problema. Hai uns 60 anos (¡) no Seixo (Mugardos) había moi poucas. Agora teño na finca ata dez. Vexo poucos niños de pombos, merlos, etc. Queren atacar os niños de gorrions do meu tellado. Máis dunha vez pensei acabar coelas.

      Eliminar
    3. Enténdote perfectamente, Pedro. Non digo nada.

      Eliminar
  2. Buen resumen visual de cómo han ido transformándose aquellas huertas y pequeñas leiras que había junto a los extrarradios de nuestras ciudades, Xabi, hasta dar en lo que tenemos ahora.
    Sobre Alto do Castiñeiro, sólo recordar que me parece una traducción claramente errónea: el topónimo común hasta hace pocas décadas, plenamente castellanizado, era "Alto del Castaño" --ignoro hasta cuándo pudo haber sobrevivido el topónimo galego genuino--, de lo que se deduciría una traducción directa a "Alto do Castiñeiro". No sé si la forma "castañeiro" es habitual en Ferrolterra, aunque supongo que no, por lo que comenta Xabi. Veo que, en el Dicionario de dicionarios, se habla de su origen, o persistencia, en el portugués, y que podría haber sido recogido en lugares como Aranga, O Cebreiro y O Bierzo. Sin duda Miguel nos podrá dar más luz. Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá Jose.
      Polo que sei "Castañeiro" é a forma lusófona. O que sabe destas cousas é Miguel, pero eu teño visto na toponimia a forma "Castiñeira" ou "Castiñeiras" (por Ourense, penso). Mas non lembro ter visto nunca a forma "Castañeira". Alomenos pola zona na que me movía habitualmente.

      Eliminar
  3. Yo hace unos años vi entre 5 Pegas como acababan con una rata enorme a base de darle picotazo y lo coordinadas que estaban, se movían alrededor de ella distrayendo la y la que tenía la oportunidad de que la rata no le mordiera lanzaba el picotazo y así llegaron a matarla para comerla.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Son pillas, si. Xa vos contei en galiciaves como controlan o comedeiro para gatos de Navantia. Ata o ponto de comer xunto a eles, case tocandose con eles físicamente. É digno de ver.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos