NOTA: Post publicado o 3/09/2011, revisado e reeditado con algúns cambios. Foi o cuarto post publicado desde o nacimento de "Bichos" (25/08/2011). O meu equipamento daquela era unha modesta Fuji HS10 (focal 25-720 mm f:5,6 equivalente) con 10 MP, que ampliaría catro meses despois coa compra da miña primeira reflex (Canon EOS 500D + Canon EF 70-300 mm).
Por certo, atención á baixa cifra de cullereiro e tamén á ausencia da águia pescadora, especies que tiveron unha expansión espectacular nos catorce anos que hai desde aquela antiga publicación, cando "Bichos e demáis familia" estaba nacendo aínda.
ENTRADA
Ún dos lugares que seguramente vai ter moitas entradas neste blogue é a ría de Ortigueira. Localizada nos concellos de Cariño e Ortigueira, é un coñecido lugar de referencia para todos os ornitólogos da zona. A área pertencente ao termo municipal de Cariño (sector W-NW) ten especial interese para a observación de aves mergulladoras (Gavia sp, Podiceps spp, Melanitta spp ou Mergus spp), limícolas de costa rochosa (coma o escaso Calidiris maritima), Gaivotas de todas as especies habidas e por haber, e aves mariñas en xeral. A zona correspondente ao concello de Ortigueira (a maior parte) posúe as maiores áreas de marisma, como Mera ou Ladrido e, lóxicamente tamén, as maiores poboacións de anátidas ou limícolas.
E pido perdón pola mala calidade das fotos. O de fotografar a grandes distancias con zoom a tope está aínda en fase de práctica e non controlo ben o tema do estabilizador de imaxe.
- 1 Cullereiro (Platalea leucorodia)
- 34 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 1 Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) na enseada de Ladrido
- 420 Mazaricos reais (Numenius arquata)
- 120 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 14 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
- 128 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 10 Pilros ferruxentos (Calidris ferruginea)
- 36 Pilros grosos (Calidris canutus)
- 381 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
- 8 Gaivotas cabecinegras (Icthyaetus melanocephalus)
Pues sí, apenas hemos llegado a los 14 años entre aquella fecha y la actual. Desgraciadamente, aparte de estas aves de elevado caché, tan protegidas a medio-largo plazo, otras más humildes están decayendo, en muchos casos en picado, como ya hemos comentado varias veces. Acuérdate, si te parece bien, de hacer una visita en esa misma fecha y con el mismo recorrido, y cuenta al menos esas mismas especies; a ver qué da.
ResponderEliminarPois non sería mala idea, Jose. Aínda que naquela visita non contase lavanco (Anas platyrhynchos), que aínda mantiña unha boa poboación de "mancada". Revisando as miñas listas de ebird vexo que nese mesmo ano unhas semanas despois, o 24/09/2011, censaba 700 ex. Se retrocedemos a un 04/09/2005 estimaba uns 1000 ex de lavanco, que precisaba mellor uns días despois con 970 indiv o 17/09/2005. Actualmente o habitual é ver concentracións dunhas poucas ducias de lavancos, mesmo en plena invernada. Alucinante.
EliminarSí, Xabi, es una pena. Censé anátidas en general, y azulones, silbones y porrones comunes durante años entre las décadas de 1980 y 1990, y el número de azulones en mancada era realmente espectacular --a escala gallega, claro está-- desde fines de junio hasta septiembre, con cifras muy altas en julio y agosto, aunque los máximos absolutos se solían dar en noviembre. Sobre todo aparecían en rías y estuarios grandes, como las ensenadas de San Simón y O Grove, el estuario del Anllóns y las rías de Ortigueira y Ribadeo, pero también en grandes embalses (en Cecebre, entre finales de los 80' y mediados de los 90', solía haber una concentración de mancada de mínimo 1.000 machos) y lagunas, y un poco por todos lados. Dentro de lo que cabe, nadábamos en la abundancia. Y no sabíamos lo que estaba por venir: casi todas las aves acuáticas nadadoras han ido para abajo, y la situación de los azulones y las fochas, además de los porrones (aunque en este caso el declive se debe en gran parte a la contracción de su área de invernada, porque en el NW y N de Europa aún hay un gran contingente), es para ver y no contar, en contraste con aquellos años de vacas gordas.
ResponderEliminar