Seguidores e seguidoras

luns, 30 de xuño de 2025

30/06/2025 Unhas fotos de anfibios

      Con moita pena sincera onte deime de baixa do foro de galiciaves. Definitivamente as redes sociais non son o meu, e nestes momentos non podo permitirme entrar en certas discusións ou polémicas. Como pasou tras abandonar facebook supoño que as estatísticas de visitas e comentarios deste blogue sufrirán un baixón importante.

   Un tema que cada día me preocupa menos, sinceramente. Para certas cousas ter tantas visitas pode supor un problema. Por exemplo, cando necesitas escribir sobre temas persoais ou íntimos. Sempre imaxino que as están lendo os seguidores de sempre, colegas naturalistas, amigos de toda a vida ou mesmo familiares, e iso reconforta. Logo daste conta que o pode ler tamén o tipo da farmacia da esquina (dito con todo respecto), un periodista de La Voz, alguén da empresa onde traballo, un visitante aleatorio que buscou algo en google e pinchou no blogue ou un fotógrafo de Albacete que non coñeces de nada. E daquela xa non reconforta tanto. 

Estatísticas de visitas no mes de xuño

   Sen dúbida colgar os enlaces a Bichos no facebook ou no foro de galiciaves axudou a que se coñecese máis. Pero eu nin vivo disto nin necesito likes. Confórmome con ter unha serie de seguidores moi fieis, algúns desque naceu o blogue, outros máis recentes, que visitan este blogue sen necesidade dunha notificación. Como fago eu coa prensa que abro a diario desde "favoritos".

Hoxe apetéceme poñer unhas fotos adicadas á noble arte da herpetoloxía:

Un servidor buscando pepitas de ouro (ano 2012)

Co mestre Curt, indicando onde semellaba haber unha veta aurífera interesante

Píntega rabilonga/saramaganta (Chioglossa lusitanica)
Sony RX10 III  (focal 40 mm equiv)    ISO:800   V:1/100     F:4

Píntega rabilonga/saramaganta (Chioglossa lusitanica)
Sony RX10 III  (focal 90 mm equiv)    ISO:8640   V:1/100     F:4

Pintafontes palmado (Lissotriton helveticus)
Sony RX10 III  (focal 600 mm equiv)    ISO:100   V:1/250     F:5,6

Pintafontes palmado (Lissotriton helveticus)
Sony RX10 III  (focal 600 mm equiv)    ISO:100   V:1/250     F:5,6

Rá vermella (Rana parvipalmata)
Sony RX10 III  (focal 600 mm equiv)    ISO:500   V:1/160     F:5,6

Rá vermella (Rana parvipalmata)
Sony RX10 III  (focal 600 mm equiv)    ISO:640   V:1/200     F:5,6

Rá vermella (Rana parvipalmata), femia de grande tamaño (Serra do Xistral)
Sony RX10 III  (focal 115 mm equiv)    ISO:200   V:1/125     F:7,1

    A maioría destas fotos xa foran publicadas, mas algunha non. Xa sabedes a miña debilidade polos anfibios, quizá a orde zoolóxica que máis influenciou na miña orientación naturalista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos