Hoxe non contei pero así a ollo había as cifras do censo, excepto de Pato chupón (Aythya ferina), que xa marcharon.
Anátidas "de superficie" no intermareal
Aínda están as estrelas ornitolóxicas desta tempada:
Diferentes parrulos mergulladores (Aythya collaris/marila/fuligula)
Xa voltamos á normalidade meteorolóxica e con ela volveron o vento e os ceus toldados. Nestas condicións a fotografía de aves complícase moito. Porén os amigos ianquis tiveron a ben achegarse un pouco para colaborar co "fotógrafo" (ejem)
Patos cristados americáns (Aythya collaris)
De volta dei unha pasada polos campos de Taraza, onde achei esta Gaivota cana (Larus canus) inmatura. Sinceramnte eu pérdome con iso das idades e coa taxonomía tan complicada neste grupo. Deixo a identificación precisa para os expertos.
Gaivota cana (Larus canus) xoven
Vai unha foto en voo por se puidese ser de interese para os colegas gaivoteiros:
E como o próximo finde temos esa feria ornitolóxica anual que é o RARO paso a comentar unha lista de especies que poden interesar sobre todo á xente do Sur de España ou do interior e que hai arestora na lagoa da Frouxeira; por se alguén de fóra quere aproveitar a visita (inclúo a Lontra pola súa importancia):
- Mascato (Morus bassanus)
- Abetouro (Botaurus stellaris)
- Pato cristado americán (Aythya collaris)
- Pato bastardo (Aythya marila)
- Gaivota cana (Larus canus)
- Gaivotón (Larus marinus)
- Picapeixe (Alcedo atthis)
- Pica alpina (Anthus spinoletta). Quizá Pica costeira (Anthus petrosus), máis rara últimamente
- Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus schoeniclus e lusitanica)
- Lontra (Lutra lutra)
Prácticamente todas poden verse fácilmente ou cun esforzo mínimo, agás o Abetouro, que xa necesita máis tempo e coñecimento do lugar.