O pasado mes de agosto, a asociación GREFA soltaba unha vintena de pigargos europeos (Haliaeetus albicilla) na costa asturiana. Segundo eles a especie estaba presente na Península a finais do século XIX, aínda que case toda a comunidade científica deu esa información como errónea e basada en certos equívocos ou imprecisión de autores clásicos. Pero eles consideraban o "Proyecto Pigargo" coma un proxecto de reintrodución. Sen embargo, o que están a facer é a INTRODUCIÓN dunha especie alóctona e moi perigosa para a fauna autóctona. Explicou a fondo todo isto o prestixioso biólogo David Álvarez no seu blogue "Naturaleza cantábrica".
Por desgraza, ún deses pigargos leva días sedimentado na lagoa da Frouseira (Valdoviño), un humidal supostamente protexido. José Ramón Castro Gómez tomou unhas fotos para documentar este episodio que, esperemos, termine coa captura e retirada do exemplar.
Durante moitos anos os cazadores e pescadores trouxeron todo canto bicho quixeron para España, enchendo os nosos montes e ríos de especies invasoras, algunhas delas que causaron un dano irreparábel. Resulta preocupante que agora sexa unha asocición "ecoloxista" a que tenta facer exactamente o mesmo.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
-2.jpg)
.jpg)
.jpg)






























