Seguidores e seguidoras

domingo, 8 de febreiro de 2026

8/02/2026 Catro mobellas (Gavia spp) e veña augha!

  Veño de facer unha camiñada polo barrio na que puiden ver o sol, asomando tímidamente entre o ceo anubado. Pola mañá a cousa era ben diferente:

Choiva sobre a cidade de Ferrol
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f:5,6 (a 150 mm)  ISO:400   V:1/500   F:6,3

Ollando á bocana da ría
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f:5,6 (a 100 mm)  ISO:400   V:1/400   F:6,3

Choiva sobre o estaleiro de Navantia
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f:5,6 (a 100 mm)  ISO:400   V:1/320   F:6,3

    Xa entendín o tema dos diferentes tipos de ISO´s. Polo visto a Olympus OM-1 ten un "ISO nativo" de 200 a 25600. Pode baixar a ISO 100 e subir a ISO 102400 pero xa son extensións dixitais. Até 25600 penso que resulta perfectamente utilizable.

  Hoxe quedaba con Manolo Rei, un fotógrafo da vella escola que provén da fotografía artística, e me dicía que non gosta que as imaxes queden excesivamente limpas de grao coa I.A. Revelei este RAW con redución de ruido ao 30%, deixando un pouco de chicha.

Gaivota patimarela (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 f.4  ISO:25600   V:1/100   F:4

    Nesta toma deixei que a I.A. limpase o 50% do ruido. Penso que aínda se ve natural.

Gaivota patimarela (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 f.4  ISO:25600   V:1/125   F:4

    Cando levaba media hora na rampa de Maniños o ornitólogo que aínda vive no meu corpo decidíu volver a tomar posesión del e colleu os binoculares do maleteiro. Xusto cando se xuntaron catro mobellas frente á vila do Seixo. Unha mágoa que non tivese o telescopio.

Mobellas (Gavia immer/arctica)

    Falamos dunha distancia de aproximadamente dous quilómetros. Únicamente puiden tomar unhas fotos testemuñais que, logo de ampliar, confirman o número de mobellas. Alomentos dúas eran grandes (Gavia immer). Podían selo todas ou haber unha ou dúas árticas (Gavia arctica). Fun axiña ao Seixo mas non as puiden localizar. Había xa uns anos que non vía tantas mobellas na ría.

Mobellas (Gavia immer/arctica)

  Rematamos cos mergullóns de pescozo negro. Hoxe o grupo maior estaba polo Seixo e en Maniños só observei dous exemplares. Sigo a pelexarme coa sua fotografía, nada doada.

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Olympus OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x  f:5,6  ISO:1600   V:1/500   F:6,3

  Quizá ún dos problemas sexa que son aves moi inquedas, ademáis de estar sempre nadando e mergullando. Estou esperando que volten os días de sol para probar con velocidades de obturación máis rápidas. De todas formas con 1/400 ou 1/500 seg penso que debería abondar.

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Olympus OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x  f:5,6  ISO:1600   V:1/400   F:6,3
 
   E veña augha!, que dicimos pola zona. Por certo, cando voltaba do paseo un rapás duns vinte anos que viña en patinete eléctrico preguntoume por unha rúa. O extraordinario foi que, sen coñecerme de nada, faloume en galego. Non lembro a última vez que algo así acontecera. Porque o noso idioma está morto entre os menores de 60 anos na nosa cidade. 

   Ferrol sempre foi a cidade galega onde menos galego se falou, supoño que por ser base naval importante con moita poboación de fóra. Pero agora mesmo resulta case imposíbel escoitalo polas rúas. Non minto se digo que resulta máis doado escoitar árabe ou español latino que galego, aínda que algúns viven unha realidade paralela e non o ven. O deste rapaz de hoxe emocionoume tanto que por uns segundos quedei parado sen saber como reaccionar. Déronme ganas de darlle un abrazo.

sábado, 7 de febreiro de 2026

Más fotos de los zampullines cuellinegros (Podiceps nigricollis)

 Estos días es noticia Grazalema por sus lluvias torrenciales. Aquella sierra andaluza es considerada a menudo como el lugar con más precipitaciones de España; lo cual no es cierto. Varias estaciones gallegas recogen una media bastante superior, como Fontecada, O Barbanza, Muralla o Fornelos de Montes, todas con medias entre 2500 y 3000 mm si no recuerdo mal. Pero lo más importante es cómo se reparte la lluvia a lo largo del año. Porque en la costa norte peninsular el número de días de lluvia es muy superior a Grazalema. En años como éste el invierno puede resultar casi insoportablemente largo.

Datos de AEMET

 Esta mañana tuvimos una breve tregua que me permitió fotografiar a los zampullines cuellinegros con mala luz pero al menos sin lluvia. Algo es algo!

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x  f:5,6   ISO:3200   V:1/320   F:7,1

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x  f:5,6   ISO:3200   V:1/320   F:7,1

  Sigo sin obtener esas fotos "redondas" que estoy deseando desde que tengo el nuevo pepino. También es cierto que las condiciones no están siendo las mejores. La mayoría de ellas han sido hechas con lluvia o con el cielo encapotado al amanecer, y aun así están quedando bastante bien; como por otra parte se espera de un objetivo profesional, evidentemente. En esta entrada he recortado un poco todas las fotos y además las he subido con borde corto de 800 píxeles. Ya habrá tiempo para subirlas a formato completo, que algún día volverá a salir el sol, coño!

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x  f:5,6   ISO:3200   V:1/500   F:6,3

  Como véis, alguno de los ejemplares muestra muy avanzada la muda al plumaje nupcial. Si esta primavera os acercáis por Villafáfila (Zamora) o La Nava (Palencia) podréis verlos con la muda completa y criando. Al menos lo hacían hace unos años. Este año ambos humedales deben tener bastante agua así que supongo que lo volverán a hacer.

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x  f:5,6   ISO:3200   V:1/640   F:6,3

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x  f:5,6   ISO:1600   V:1/320   F:6,3

Zampullín cuellinegro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 f:4   ISO:1600   V:1/320   F:6,3

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x  f:5,6   ISO:3200   V:1/500   F:7,1

 Bueno, mientras publico este post la lluvia persistente ha vuelto a Ferrol. Me he enterado que alguna gente extranjera que estaba residiendo aquí se ha marchado, cansada de tanta lluvia. Recuerdo que en el insoportable invierno 1999/2000 (el más lluvioso de la historia) fueron muchos los gallegos que escaparon y se instalaron en las Islas Canarias para trabajar en la construcción, en pleno boom aquellos años.  Este invierno no es igual pero se le empieza a parecer bastante. 

xoves, 5 de febreiro de 2026

Mobella ártica (Gavia arctica) en Ferrol

    A mobella grande (Gavia immer) é un invernante regular na ría de Ferrol, con 40 avistamentos propios subidos a eBird (aquí) e unha poboación invernante na ría de 2-8 individuos..

     A mobella ártica (Gavia arctica) resulta bastante menos común (aquí), mas tamén visita a nosa ría de maneira relativamente frecuente. Desta especie só teño 5 citas na ría, incluíndo a de hoxe, cando volvía observala desde o peirao de Maniños.

Mobella ártica (Gavia arctica)

  Logo dunha primeira observación lonxana perdina de vista e apareceu unha mobella grande, o cual me levou a pensar que podía ter sido unha confusión. A verdade é que ollando as fotos que tomara antes semellaba que a primeira era unha ártica claramente (posúen un jizz completamente diferente).

Mobella grande (Gavia immer)

    En calquer caso estaba a máis de cincocentos metros, así que esperei a ver se se achegaba algo para sacarlle algunha foto decente, cousa complicada porque a luz era realmente mala,... para variar. Tiña o teleconvertidor MC1,4x acoplado mas era demasiada distancia (recurtei algunhas tomas).


Mobella grande (Gavia immer). Distancia: uns 200-250 m
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  (focal 840 mm equiv.)   f:5,6   ISO:1600   V:1/400   F:5,6

  Nun momento dado a mobella grande acercouse ao que semellaba un mergullón de pescozo negro... demasiado grande. Tan grande como que era a mobella ártica que vira antes!

Mobella ártica (Gavia arctica)

 Pola penaxe apardada e a meixela clara parece que se trata dun primeiro inverno. Os adultos de mobella son moito máis cincentos e cos rasgos diagnósticos propios máis evidentes.

Mobella ártica (Gavia arctica). Distancia: uns 200 m
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  (focal 840 mm equiv.)   f:5,6   ISO:800   V:1/320   F:5,6

   A mobella grande aproximouse máis e puiden tomar varias fotos coas dúas especies xuntas, algo nada doado por teren montado o teleconvertidor nunha focal longa fixa (para estas cousas non hai coma un tele zoom).

Mobella grande (Gavia immer) e ártica (Gavia arctica). Distancia: uns 150-200 m
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  (focal 840 mm equiv.)   f:5,6   ISO:1600   V:1/500   F:6,3


Mobella grande (Gavia immer) e ártica (Gavia arctica). Distancia: uns 150-200 m
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  (focal 840 mm equiv.)   f:5,6   ISO:1600   V:1/400   F:6,3

    Pois hoxe tocou unha pequena alegría no meu querido peirao de Maniños. Esperemos que a mobella ártica fique tempo dabondo para poder tirarlle unhas fotos decentes con boa luz. Algo que será difícil neste inverno de chuvia interminábel.