Seguidores e seguidoras

luns, 1 de setembro de 2025

01/09/2025 Reencuentro con mi Nikon P1000!

  Una vez descartados los teleobjetivos PRO para la OM-1 llevo semanas barajando la posibilidad de comprar una Nikon P1100, muchísimo más barata y quizá una compra más lógica para lo que yo hago. Así que le pregunté a José Ramón Castro si me podía dejar su P1000 durante unos días para recuperar sensaciones y comprobar si realmente es lo que necesito.

Ría de Ferrol en Neda
Nikon P1000 (focal 100 mm equiv)   ISO:100    V:1/500    F:8

 Al salir del trabajo me acerqué hasta Neda para hacer unas fotos. Aunque al principio me hacía la picha un lío. Era mucho tiempo sin tocar esa cámara (se la vendí yo en su momento). Además la tenía configurada a su manera, lógicamente. Tardé un buen rato en reconfigurarla a mi gusto.

"Campo de tiro" elegido

   Probé con unas limícolas, que se alimentaban a una distancia de entre 70 y 100 m. Todas las imágenes están ligera o medianamente recortadas. Un sensor como el de la P1000 tampoco permite grandes alegrías en ese sentido. 

Zarapitos trinadores (Numenius phaeopus)
Nikon P1000 (focal 2200 mm equiv)   ISO:400    V:1/800    F:7,1

   Aunque la P1000 (o P1100) tienen un rango focal que llega a 3000 mm equivalentes no recomiendo pasar de 2600 mm como norma general, especialmente sin trípode, como era el caso. Por cierto, hoy soplaba bastante viento y con esas focales descomunales se hace notar mucho.

Zarapitos trinadores (Numenius phaeopus)
Nikon P1000 (focal 2600 mm equiv)   ISO:400    V:1/500    F:7,1

 Acostumbrado a sensores más grandes volví a reconocer esa "planicidad" de las imágenes, típica de las bridge. Para poder destacar un poco el sujeto sobre el fondo tuve que aplicarme con las máscaras de enfoque/desenfoque del Lightroom.

Zarapitos trinadores (Numenius phaeopus)
Nikon P1000 (focal 2600 mm equiv)   ISO:200    V:1/640    F:7,1

   Pero no se puede tener todo. A cambio de las limitaciones propias de un sensor pequeño, la P1000 ofrece la posibilidad de tomar fotos más que dignas a distancias imposibles para cualquier otro equipo que no sea digiscoping.

Zarapitos trinadores (Numenius phaeopus)
Nikon P1000 (focal 2400 mm equiv)   ISO:200    V:1/1000    F:7,1

  Una gaviota patiamarilla se dedicó a robarles cangrejos a los pobres trinadores. Un clásico de los intermareales gallegos. Gracias a ella podemos apreciar otro de los principales problemas de los sensores 1/2,3": la falta de rango dinámico, que se manifiesta especialmente con las altas luces. No quise editar mucho la foto para no oscurecer artificialmente el blanco de su cuerpo.

Gaviota patiamarilla (Larus michahellis) roba cangrejo a zarapito trinador
Nikon P1000 (focal 2600 mm equiv)   ISO:400    V:1/800    F:7,1

    Terminamos con un archibebe claro.

Archibebe claro (Tringa nebularia)
Nikon P1000 (focal 2600 mm equiv)   ISO:200    V:1/800    F:7,1

   Un reencuentro interesante con mi antigua y querida P1000, que tendrá prolongación esta semana. Espero que J.R. aproveche para probar el juguete que le dejé a cambio, que no es cualquier cosa.

domingo, 31 de agosto de 2025

31/08/2025 Visita de control en Forcadas: combatentes, biluricos de ás negras, etc

   Estamos na mellor época do ano para visitar o encoro das Forcadas (Valdoviño), alomenos no relativo ás aves migrantes. Por desgraza facer mostraxes alí está cada día máis complicado. Hoxe nen sequer puiden chegar á parte final da cola de Vilaboa, o meu lugar favorito. Había vacas pacendo na finca pola que tes que cruzar, e os pastores tiñan corrente, como puiden comprobar persoalmente. Únicamente censei desde pontos accesibles para cubrir a superficie que aparece no mapa:

Mapa do encoro das Forcadas. En círculo azul, as áreas censadas hoxe

   O nível hídrico está bastante baixo e iso favorece a sedimentación de limícolas.  Aquilo non é O Grove, obviamente, pero ten algunhas "especialidades" interesantes.

Ribeira das Cortiñas

Enseada do Pereiro
Sony RX10 III (focal 46 mm)   ISO:200   V:1/160    F:5,6

Cola de Vilaboa
Sony RX10 III (focal 44 mm)   ISO:200   V:1/200    F:4,5

  O encoro está moi degradado e aínda por riba só cubrín as zonas más accesible. Nesta área prospectada observei o seguinte:
  • 24 Lavancos reais (Anas platyrhynchos)
  • 6 Cercetas (Anas crecca)
  • 4 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
  • 3 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 4 Biluricos de ás negras (Tringa ochropus). Non vin ningún T. glareola
  • 1 Bilurico común (Tringa totanus)
  • 1 Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
  • 5 Combatentes (Calidris pugnax)
  • 1 Pilro común (Calidris alpina)
  • 11 Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis). Case todos adultos
  • 1 Corvo mariños grande (Phalacrocorax carbo)
  • 5 Garzas reais (Ardea cinerea)

Combatentes (Calidris pugnax) e biluricos (Tringa spp)

     Por desgraza as "limis" estaban moi lonxe. Cada día boto máis de menos a Nikon P1000, que vendín nun momento de enaxenación mental.

Combatentes (Calidris pugnax). Toma moi recurtada desde uns 280 m (disparo a pulso)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:200   V:1/250    F:4,5

  A maiores das acuáticas había paxarada interesante:
  • Picafollas musicais (Phylloscopus trochilus)
  • 1 Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)
  • 38+ Lavandeiras brancas (Motacilla alba). Seguramente serían unhas 50 na área controlada e 100+ no total do encoro
  • 7+ Lavandeiras amarelas británicas (Motacilla flava flavissima) na cola de Vilaboa. Probablemente eran máis de 10 ex

Lavandeiras amarelas británicas (Motacilla flava flavissima)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:200   V:1/200    F:4,5

  Fixen un collage para que vexades o grao de recurte que tiven que facer en moitas das imaxes debido á grande distancia. En Forcadas hai que currarse moito cada fotografía.

Toma orixinal e recurte aplicado

Uns paxaros ben bonitos as lavandeiras amarelas británicas, todo un clásico a finais do vrao.

Lavandeiras amarelas británicas (Motacilla flava flavissima)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:200   V:1/200    F:4,5

 Igual que o papamoscas negro.

Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)

  A época entre agosto e primeiros de outubro é máis interesante para ver aves limícolas nas Forcadas. Aproveitade. Por certo, chamoume a atención que de varias listaxes que vin de Cecebre non aparecía ningunha limícola, sendo como é un humidal máis "potente". Curioso.

sábado, 30 de agosto de 2025

Cambio de tempo

 Esta semana tivemos un cambio de tempo importante. Logo dun mes de agosto extraordinariamente cálido entraron as borrascas atlánticas, co que iso conleva sempre en Galiza: ventos moderados/fortes de compoñente W/SW, temperaturas máis frescas e chuvia. Unhas circunstancias idóneas para a sedimentación de acuáticas migrantes.

Gaivotas típicas descansando na praia de Maniños (Fene)


  Onte ao saír do traballo daba unha volta pola ría de Ferrol, coincidindo cos momentos de choiva máis intensa. Apañei unha boa molladura (a chaqueta do Decathlon era impermeábel anos há).

Praia de Maniños con chuvia persistente
Sony RX10 (focal 70 mm)   ISO:100   V:1/320   F:5,6

 Até primeiros de 2000 as grandes praias da zona estaban cheas con milleiros de gaivotas patiamarelas e escuras ao chegar estas datas. Logo pasou o que pasou e por iso xa non as visito.

  No intermareal de Neda concentrábanse unhas 150 gaivotas grandes. Sen embargo case non había choronas. A que foi acuática máis numerosa na nosa ría (2000-3000 ex invernantes) experimentou un declinio catastrófico na última década. Paradóxicamente coincide no tempo coa entrada en funcionamento da rede de saneamento, como xa comentei. Manda truco.

Intermareal de Neda

    Xunto a EDAR o vento sopraba con forza e movíame moito o paraugas. Neses momentos agradecín que a Sony RX10 III teña selado anti-salpicaduras (por cousas como esa tiña o prezo que tiña).

Gaivotas típicas (Larus michahellis/fuscus/marinus)
Sony RX10 (focal 110 mm)   ISO:200   V:1/400   F:5,6

   Non levaba máis óptica que a cámara, mas puiden ollar algunhas limícolas habituais:

Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos) entre gaivotas

  Perto da EDAR había 2 biluricos pativerdes (Tringa nebularia) e 1 bilurico común (Tringa totanus). Puiden fotografar aos primeiros a pesares da cortina de chuvia.

 O bilurico pativerde aliméntase de pequenos alevíns ou camaróns que captura correndo polas canles da baixamar. Un hábito que comparte co bilurico escuro (Tringa erythropus), moito máis escaso. Tendo en conta as difíceis condicións atmosféricas non quedaron nada mal estas dúas fotos:

Biluricos claros (Tringa nebularia)
Sony RX10 (focal 600 mm)   ISO:400   V:1/500   F:4,5

Biluricos claros (Tringa nebularia)
Sony RX10 (focal 600 mm)   ISO:400   V:1/500   F:4,5

  Esta mañá tentei controlar a praia de San Valentín pero o problema dos cans alí é insufrible. Pensar que hai quince anos era ún dos mellores pontos para laro-limícolas da ría... Claro, qué vas esperar cando a mesma concellalía de "medio ambiente" constrúe unha ducha para cans na praia?

 Terminamos cunha fotos de lavandeiras. Pesoume non ter levado a OM-1 e o 400. Cando os paxaros están perto o maior tamaño do sensor nótase no nível de detalle.

Lavandeira amarela (Motacilla flava iberiae)
Sony RX10 III (focal 600 mm)  ISO:800   V:1/250   F:4,5

Lavandeira amarela (Motacilla flava iberiae)
Sony RX10 III (focal 600 mm)  ISO:800   V:1/250   F:4,5

    Ademáis da lavandeira amarela pillei un xuvenil de branca pousado na baranda da ribeira, e deume un "ataque de fotógrafo". Primeiro con ISO alto. 

Lavandeira branca (Motacilla alba) xuvenil
Sony RX10 III (focal 600 mm)  ISO:1600   V:1/200   F:4,5

  Logo con ISO medio, apoiando os brazos na propia baranda. Quizá debín pechar un pouco o diafragma para focar mellor o tramo de baranda á altura da lavandeira. Quedou tanto bokeh que semella editado dixitalmente. Por certo, atentos á velocidade de obturación: 1/50 seg

Lavandeira branca (Motacilla alba) xuvenil
Sony RX10 III (focal 600 mm)  ISO:400   V:1/50   F:4,5

   E mais nada por hoxe. Por aquí seguimos.