Coma se fose unha serie de Netflix, xa comezou a nova tempada de visitas regulares aos peiraos da ría de Ferrol. O motivo principal é a facilidade para entreterse facendo fotografía nos longos días de choiva que se aveciñan a partires de agora.
Setembro está a ser un mes chuvioso (xa levamos 10 días de precipitación con 67 mm acumulados). Cousa que se agradece logo do mes de agosto tan caloroso. E cando chove sen parar o carro convértese no mellor dos observatorios. Hoxe collín parte da mañá libre e achegueime por aló.
"Observatorio" de Maniños (Fene)
Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) xuvenil
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:400 V:1/160 F:4,5
Semella que chegaron máis biluricos das rochas, que ficarán connosco todo o inverno. Unha limícola "vulgar" e común pero que anima sempre estas molladas saídas.
Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:800 V:1/250 F:4
Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:800 V:1/250 F:4
Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:400 V:1/80 F:4,5
Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
Sony RX10 III focal 534 mm ISO:800 V:1/125 F:5
Tanto co bilurico coma cunha lavandeira tiven oportunidade (obrigatoria) de probar a efectividade do estabilizador de imaxe da Sony RX10 III, do mellorciño que coñezo.
Lavandeira branca (Motacilla alba). Disparo a pulso
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:400 V:1/60 F:5
Seguramente volte por Forcadas esta fin de semana. Teño o pálpito de que pode aparecer algo interesante con este tempo tan outonal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos