O venres ao saír do traballo fun até o encoro das Forcadas (Valdoviño). A esa hora as aves están bastante inactivas pero os insectos aproveitaban unhas horas de sol e calor logo dunha semana de chuvia. Xusto despois de acoplar os tubos de extensión ao Zuiko anubouse o ceo (nalgunhas fotos houbo que tirar de ISO...).
Comezamos cun licaénido que non tiña controlado. Tanto a identificación de Observation como o texto e debuxos da guía de bolboretas coinciden que se trata desta especie, ainda que na guía Tolman/Lewington aparece co nome de Everes argiades. Unha especie de carácter eurosiberiano que só está presente no norte da Península; ao contrario da rabeira estriada (Leptotes pirithous), un licaénido común na Bisbarra mas de procedencia mediterránica.
Rabela dos trevos (Cupido argiades). Fam Lycaenidae
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:800 V:1/500 F:7,1
Rabela dos trevos (Cupido argiades). Macho
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:500 V:1/640 F:7,1
Rabela dos trevos (Cupido argiades). Femia
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:800 V:1/800 F:7,1
Ún dos insectos máis numerosos na contorna do encoro é o diminuto Cicadella viridis, pertencente á orde Hemiptera (cigarras, chinches e pulgóns). Mide entre 6 e 8 mm de longo.
Cicadella viridis. Fam Cicadellidae
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:1600 V:1/1000 F:8
Polo visto xuntáronse varias moscas da familia Tachinidae. Algunha, como
Trichipoda pictipennis que non vira na vida (unha cousa rara, rara vista ao natural, volo aseguro)
Exorista larvarum ou semellante. Fam Tachinidae
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:800 V:1/500 F:7,1
Cylindromnyia brassicaria. Fam Tachinidae
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:1600 V:1/800 F:7,1
Na foto
Trichopoda parece unha mosca normal mas no campo confúndese con outra cousa, debido aos pelos que ten nas patas posteriores (
tricho-poda), o pequeno tamaño do abdome e o aspecto bicolor das ás. Vin unha parella copulando e por un momento pareceume unha araña coa sua captura.
Trichopoda pictipennis. Fam Tachinidae
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:1600 V:1/1000 F:8
Ilustración de Stefano Gioda
Desde logo ún dos insectos máis curiosos que nunca vin.
Trichopoda pictipennis. Fam Tachinidae
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:1600 V:1/500 F:7,1
As chuvias dos últimos días nótanse na diminución de insectos voadores. Porén, foi unha ledicia ollar os dous Orthetrum case xuntos. O. coerulescens é sp máis de río, en cuanto O.cancellatum resulta propio de grandes corpos de auga estancada, como o encoro das Forcadas, onde experimentou unha importante diminución por motivos xa explicados aquí.
Libélula celeste (Orthetrum coerulescens) macho
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 (a 240mm) + Tubos MEIKE (26 mm) ISO:800 V:1/800 F:7,1
Libélula de cu negro (Orthetrum cancellatum) femia. Toma sen recurte
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:800 V:1/320 F:7,1
Vaille algo mellor á libeliña de outono, que nestas alturas do ano é o odonato máis visíbel, xunto con algún
Sympetrum.
Libeliña de outono (Aeshna mixta)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:400 V:1/1000 F:7,1
Libeliña de outono (Aeshna mixta)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:400 V:1/500 F:8
Non é doado sacar fotos a unha libeliña en vóo. Fixen o que puiden.
Libeliña de outono (Aeshna mixta)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:400 V:1/800 F:7,1
Esta mañá voltaba por aló, con gañas de macro potente. Unha parella de crisomélidos que estaban facendo cochinadas fixéronme sentir un auténtico paparazzi. Primeiro probei cos tubos de extensión mais o teleconvertidor MC1,4x. Por suposto con autodisparo sobre tripé. Ainda así houbo que subir a un ISO pouco recomendábel para estas cousas do macro.
Chrysolina herbacea. Fam Chrysomelidae. Disparo sobre tripé
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + MC 1,4x + MEIKE (26 MM) ISO:3200 V:1/125 F:11
Debido á falta de luz decidín desmontar o duplicador e acoplar o pequeno flash que viña coa OM-1 e que nunca empregara antes.
Chrysolina herbacea. Fam Chrysomelidae. Disparo con flash de recheo
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:400 V:1/40 F:13
Os resultados son bastante mellores, obviamente, e permiten recurtar bastante a imaxe para poder apreciar pequenos detalles dos insectos. Como a cor escura das patas, a diferencia da cor vermella sangue que amosa Chrysolina bankii, outro escarabello da mesma familia que fotografei perto da lagoa da Frouseira, tamén en Valdoviño.
Chrysolina herbacea. Fam Chrysomelidae. Disparo con flash de recheo
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:400 V:1/100 F:8
Terminamos cun opilión, quizá o bicho con máis mala sorte do mundo. O seu parecido coas arañas fai que moitas veces acabe baixo a sola dun zapato ou esmagado por unha vasoira. Sen embargo é un insecto absolutamente inofensivo e moi interesante. Tamén inspirou numerosas películas de ciencia ficción (non teño probas mas tampouco dúbidas).
Leiobonum rotundum. Fam Sclerosomatidae
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 + tubos MEIKE (26 MM) ISO:800 V:1/320 F:7,1
Pasaron máis cousas nas Forcadas. Quedan para outro capítulo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos