Estamos na mellor época do ano para visitar o encoro das Forcadas (Valdoviño), alomenos no relativo ás aves migrantes. Por desgraza facer mostraxes alí está cada día máis complicado. Hoxe nen sequer puiden chegar á parte final da cola de Vilaboa, o meu lugar favorito. Había vacas pacendo na finca pola que tes que cruzar, e os pastores tiñan corrente, como puiden comprobar persoalmente. Únicamente censei desde pontos accesibles para cubrir a superficie que aparece no mapa:
Mapa do encoro das Forcadas. En círculo azul, as áreas censadas hoxe
Ribeira das Cortiñas
Sony RX10 III (focal 46 mm)   ISO:200   V:1/160    F:5,6
Cola de Vilaboa
Sony RX10 III (focal 44 mm)   ISO:200   V:1/200    F:4,5
  O encoro está moi degradado e aínda por riba só cubrín as zonas más accesible. Nesta área prospectada observei o seguinte:
- 24 Lavancos reais (Anas platyrhynchos)
 - 6 Cercetas (Anas crecca)
 - 4 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
 - 3 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
 - 4 Biluricos de ás negras (Tringa ochropus). Non vin ningún T. glareola
 - 1 Bilurico común (Tringa totanus)
 - 1 Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
 - 5 Combatentes (Calidris pugnax)
 - 1 Pilro común (Calidris alpina)
 - 11 Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis). Case todos adultos
 - 1 Corvo mariños grande (Phalacrocorax carbo)
 - 5 Garzas reais (Ardea cinerea)
 
Combatentes (Calidris pugnax) e biluricos (Tringa spp)
     Por desgraza as "limis" estaban moi lonxe. Cada día boto máis de menos a Nikon P1000, que vendín nun momento de enaxenación mental.
Combatentes (Calidris pugnax). Toma moi recurtada desde uns 280 m (disparo a pulso)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:200   V:1/250    F:4,5
  A maiores das acuáticas había paxarada interesante:
- Picafollas musicais (Phylloscopus trochilus)
 - 1 Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)
 - 38+ Lavandeiras brancas (Motacilla alba). Seguramente serían unhas 50 na área controlada e 100+ no total do encoro
 - 7+ Lavandeiras amarelas británicas (Motacilla flava flavissima) na cola de Vilaboa. Probablemente eran máis de 10 ex
 
Lavandeiras amarelas británicas (Motacilla flava flavissima)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:200   V:1/200    F:4,5
  Fixen un collage para que vexades o grao de recurte que tiven que facer en moitas das imaxes debido á grande distancia. En Forcadas hai que currarse moito cada fotografía.
Toma orixinal e recurte aplicado
Uns paxaros ben bonitos as lavandeiras amarelas británicas, todo un clásico a finais do vrao.
Lavandeiras amarelas británicas (Motacilla flava flavissima)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:200   V:1/200    F:4,5
 Igual que o papamoscas negro.
Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)
  A época entre agosto e primeiros de outubro é máis interesante para ver aves limícolas nas Forcadas. Aproveitade. Por certo, chamoume a atención que de varias listaxes que vin de Cecebre non aparecía ningunha limícola, sendo como é un humidal máis "potente". Curioso.










A Nikon P 1000 fue por hacer un favor a un amigo y en buenas manos cayó, que otro lo mejor la estropearía.Yo se de uno que le cayó la Nikon P1000 y se compró una Reflex.
ResponderEliminarXa, ou! Por iso o fixen. Ti esta semana aproveita para provar e desfrutar co "pepino". Non conto máis que daquela os lectores xa saberían tanto coma nós.
Eliminar