Esta mañá voltaba a terras de Moeche en horario "nocturno". Coma recompensa observaba dúas noiteboas cinsentas. Unha no mesmo lugar de Lamas do outro día, outra chegando xá ás Regas de Moeche. Grazas aos faros do Seat puiden fotografala de maneira testemuñal.
Noiteboa cincenta (Caprimulgus caprimulgus). Redución de ruido con Lightroom (60%)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:51.200 V:1/250 F:5,6
Esta novidosa presenza da noiteboa na zona parece indicar o comezo da pasaxe migratoria, unha época do ano en que pode atoparse nos lugares máis insólitos: solares urbanos, aparcadoiros de centros comerciais ou mesmo no estaleiro de Navantia onde traballo, onde xa teñen aparecido varios exemplares. Hai uns anos mesmo tiven unha noiteboa nas maos cando me avisaran desde o Comité de Empresa porque non sabían o que era un bicho que lles levaran e me avisaran.
Os falcóns pequenos seguen no seu sitio. Cheguei a pensar que poden ter que ver co fracaso na crianza dos miñatos negros (Milvus migrans), unha rapina que chega moito máis cedo procedente de África. Quizá aqueles escolleron o niño equivocado para restaurar e cando chegaron os sus propietarios botáronos dalí (vin falcónidos territoriais e poden ser sumamente agresivos con aves moito meirandes). Desde logo a zona onde permanecen estes falcóns pequenos é exactamente a mesma onde estaban os miñatos en abril.
Falcón pequeno (Falco subbuteo).
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:400 V:1/640 F:6,3
Cando tiña unha luz bonita para fotografalo apereceron unhas pegas a tocar os coll...(os córvidos representan no mundo natural o que os "clanes" no mundo dos humanos).
Falcón pequeno expulsado por pega (Pica pica)
Hoxe non fixen control de picanzos, pero as familias 1 e 3 seguen no seu sitio.
Picanzo vermello (Lanius collurio) F1
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:3200 V:1/400 F:5,6
De verao é habitual ver xuvenís de petos verdeais ou picapaus grandes pousados en estacas ou postes de cemento. Moito menos fuxidíos cos adultos, por veces permiten que nos acheguemos dabondo.
Picapau grande (Dendrocopus major)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:800 V:1/500 F:6,3
Neste exemplar podemos apreciar algúns dos rasgos diagnósticos dos exemplares xuvenís. Como o curuto vermello, as infracobertoras caudais rosas (non vermellas) e a liña negra que vai da loreal á caluga lixeiramente interrompida.
Detalles típicos en xuvenil de picapau grande
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos