Coma já publicavam Pepe e Rafa nos seus blogues (Ferrolterranatura e Ao noroeste do noroeste), o número de Cisnes na lagoa da Frouxeira medrou esta semana a tres exemplares. O curioso do caso é que, nesta ocassom, som todos adultos. Pois habitualmente adoitam aparescer grupos familiares mixtos, integrados por adultos e jovens.
A passada segunda feira achegavamo-nos eu e mais Pepe até a lagoa para os tentar fotografar. O tempo nom foi demassiado favorável, mas algumha imagem puidemos tirar.
Dizia-lhe o outro dia a Pablo Gutiérrez que este Outono semelha propício para a invernada de aquáticas na Galiza, observando as circunstáncias climatológicas que se estám a dar tanto na Península coma no resto do continente europeu. De feito, quadrou que nos anos em que o Cisne apareceu pola comarca, houvo boas invernadas (anos 1990 e 2000, por exemplo). Estám a ver-se estes dias já Escribentas das neves (Plectrophemax nivalis), Pílharas douradas (Pluvialis apricaria) ou mesmo algumha raridade, coma o Picafolhas bilistado (Phylloscopus inornatus), localiçado na cidade de Ferrol por Pablo.
Si, tem moi boa pinta este inverno que aínda nom começou....
Do assunto da canle da lagoa preferiria nom ter que falar, aínda que venhem de comunicar-me que se iniciou já a operaçom "Apertura controlada", por parte da Junta de Galiza. Umha operaçom que me parece moi necessária e que demonstra (se é que o fam bem...) que algúns som capazes de aprender dos erros cometidos. O acontecido o ano passado deberia ter ensinado algo ás pessoas com várias neuronas operativas... Outros nom aprendem, e semelha que vam manter a mesma postura absurda có inverno passado. Possívelmente estea a começar um novo esperpento, coma diria Valle-Inclán. Permaneçam atentos às suas pantalhas (nunca melhor dito o de "pantalhas", aínda que falta moito para o Entroido...)
A passada segunda feira achegavamo-nos eu e mais Pepe até a lagoa para os tentar fotografar. O tempo nom foi demassiado favorável, mas algumha imagem puidemos tirar.
Cisnes grandes (Cygnus cygnus) na Frouxeira
Dizia-lhe o outro dia a Pablo Gutiérrez que este Outono semelha propício para a invernada de aquáticas na Galiza, observando as circunstáncias climatológicas que se estám a dar tanto na Península coma no resto do continente europeu. De feito, quadrou que nos anos em que o Cisne apareceu pola comarca, houvo boas invernadas (anos 1990 e 2000, por exemplo). Estám a ver-se estes dias já Escribentas das neves (Plectrophemax nivalis), Pílharas douradas (Pluvialis apricaria) ou mesmo algumha raridade, coma o Picafolhas bilistado (Phylloscopus inornatus), localiçado na cidade de Ferrol por Pablo.
Si, tem moi boa pinta este inverno que aínda nom começou....
Do assunto da canle da lagoa preferiria nom ter que falar, aínda que venhem de comunicar-me que se iniciou já a operaçom "Apertura controlada", por parte da Junta de Galiza. Umha operaçom que me parece moi necessária e que demonstra (se é que o fam bem...) que algúns som capazes de aprender dos erros cometidos. O acontecido o ano passado deberia ter ensinado algo ás pessoas com várias neuronas operativas... Outros nom aprendem, e semelha que vam manter a mesma postura absurda có inverno passado. Possívelmente estea a começar um novo esperpento, coma diria Valle-Inclán. Permaneçam atentos às suas pantalhas (nunca melhor dito o de "pantalhas", aínda que falta moito para o Entroido...)
Non sei, non sei. Vexo moito operativo de nuestro señor para unha apertura tan simple.
ResponderEliminarA ver se non voltamos ás andadas e facemos unha obra faraónica como o ano pasado.
Estaremos esperando os acontecementos.
Carallo, Eloi, aínda non acabei de subir a entrada e xa comentas. ¿Estabas esperando na esquina? (É broma...)
ResponderEliminarVamos ser optimistas con isto da lagoa. Desde logo, pior do que foi o ano pasado é difícil, por non dicir imposíbel, en todos os sentidos. A min máis que os faraóns, preocúpame a postura de certos esclavos...que, en última instancia (e aínda que se negue) "temos" moito que ver coa orixe da crise. Creo que me entendes..
Unha aperta, e avisa cando suban eses salmónidos.
Onte estivemos ó mediodía controlando 3 presa no Xuvia e unha no Belelle e nin padiós¡¡¡
EliminarEste ano están vagos ou confían moito nas forzas.
Non te preocupes, en canto se anime o cotarro xa te aviso
Onte estiven en Valdoviño para ver os prodixios da enxeñería hidraulica que prometían os de Medio Ambiente.
ResponderEliminarComo era previsible, nada de nada.Non correu nin gota de auga dende a metade da ''obra'' para adiante
O Lago continúa pechado e moito me temo que coa previsión de estado do mar de fin de semana o Magnus Canalis se aterre de novo de area.
Si é que cando nos empeñamos en turrar contra a natureza...
Mira que o espolón pizarroso marca ben por onde ha de ir a canle ...
Eu acabo de chegar dalí agora mesmo, Eloi. Fixen unha visita rápida para ver in situ aquilo. E si que parece que non há servir de moito, non..
ResponderEliminarIsto semella unha broma de mal gosto. Úns pedindo que non se abra a canle, outros que si se abra (nós, por exmplo), así que vai a Xunta e "fai que abre".... pero sen abrir.
De tolos.
Elle o que hai.
EliminarPor certo, e agora que xa están con planes de restauración e bla, bla, bla... Xa expuxeches o do recheo do Pozo do Cura como actuación a planificar?
Item mais, non me esquezo dos nosos amigos salmónidos. Imaxino que en canto claree o rí despois dos trebós do finde, empezará a Gran Migración. O luns estarei a pé de obra.
Pois non falamos aínda na SGHN-Ferrol sobre a Frouxeira este ano. Se temos unha nova reunión da xunta directiva intentarei que ti esteas presente, porque me gostaría que oíran a túa opinión. Se te parece ben.
ResponderEliminar