Hoxe foi unha xornada ben curiosa no traballo. Xente que na súa vida contou máis cousas que os pares de zapatos que teñen no armario pretendían discutirme a min o número de manifestantes que había na manifestación de Ferrol... Claro, hai que entender que a mentira é outra droga máis. E engancha... E moito, polo visto!
Son tantos anos absorvendo a desinformación que se nos dá masticada e semidixerida que a maioría das persoas son incapaces xa de asimilar a verdade. Hoxe este paradoxo surrealista mostrouse con toda a crueza diante de min, cando pouco menos que me acusaron de louco, preguntándose como podría ter contado tan pouca xente... "porque nunca na vida se veu tal cousa". Menos mal que o Santo oficio deixou de ser santo hai séculos, porque vaia miradas que recibín por parte dos compañeiros de traballo.
Lembro, hai un tempo, cando se me acusou precisamente do contrario. De "inflar as cifras" nos censos (en Ortigueira, concretamente). Unha acusación que derivou nunha amarga polémica con outro colega de profisión. Agora curiosamente acúsaseme do contrario (quizá todo isto sexa un sinal de que estou a ser realmente obxectivo!!)
Recoméndovos que leades este enlace. Agora unha manifa de menos de 100.000 persoas é un pequeno tumulto. Pero...¿sabedes o que son 100.000 persoas? 100.000 "algo"???
a estrana calculadora das manifestacións
Pois nada, nada, a seguir drogándose, qué carallo.
Non merecedes outra cousa....
PD: obviamente os meus lectores e lectoras entende perfectamente a última frase e saben por quen vai.

eu non sei a xente que foi á manifestación de Ferrol, nin me parece que sexa algo que teña demasiada importancia.
ResponderEliminarSolo fago unha conta de neno pequeno para contextualizar un pouco. 12.000 persoas representan o 16% da poboación de Ferrol. Levado a unha manifestación en Madrid, serían 600.000 persoas. Igual é que as grandes cifras nos abruman e nos fan esquecer onde vivimos...
Unha aperta,
Sergio
Olá Sergio:
ResponderEliminarNon se trata do número de manifestantes, senon de que se considere información algo que é outra cousa. No sei se pinchaches no enlace que poño, pero é moi claro o que transmite.
Unha aperta.
Ola Xabi,
ResponderEliminarestou contigo en canto ao número da manifestación do Mércores.
Así, a ollo, foi o que calculei eu cando vín o que ocupaba. Dixenlle ao que iba ó meu carón uns 12.000. Como fago coas gaivotas (cando non censo, eh!), conto 100, miro o que ocupan e fágome a idea de cántas son. As veces "xoguei" a calcular e despois contar unha a unha e non fallo moito.
E sí, a xente está por tragar con todo.
Saúdos
Paco Girón
Benvido a realidade, se criticas (ou so tentas ser riguroso) algunha "informacion", rapidamente converteste en fascista/rojo segundo o medio/entidade o que critiques. En vez de falar do exito de participacion metemonos nunha liorta de X, non X/2, non 2X. E a xente fartase de tonterias..
ResponderEliminarLembrame a vez que tiven a boa idea de rebatir amablemente unha nova que alertaba sobre a extincion do sapoconcho en Ourense. A argumentacion foi preguntarme se estaba a favor da Xunta ou da natureza...
Non vos preocupedes que os nosos dirixentes estan moi preocupados polas cifras desta semana. Quisir por quen se vai a sentar na mesa do Parlamento, e cobrar 9000€ mais as dietas, mais..
Cesar Ayres
Olá Paco e César:
ResponderEliminarPaco: É que iso de querer ensinarlle a un zapateiro cómo se fan os zapatos....
César: Dacordo contigo. Iso si, a "benvida" dáselle a aquel que acaba de chegar "á realidade". Agradezo o detalle, pero non sei eu se é o vocablo máis axeitado (máis científico) neste caso, je, je,..
Unha aperta aos dous. E tranquilos que mañá xa poño unha entrada sobre bichos racionais.
Exactamente lo mismo lei en otro blog pero referido a las grandes ciudades: ahora una manifa de menos de un millón es un fracaso y, por tanto, todas lo superan; y el bloguero se preguntaba ¿pero la gente sabe lo que es un millón de personas?. En la última de la diada catalana dijeron dos millones, ¡pero si Cataluña no llega a ocho!.
ResponderEliminarEl problema es que la gente dice cuántos hay pero no cómo llegó a esa conclusión, con lo que no hay manera de rebatir. Había un blog muy bueno -el manifestometro- que hacía estos cálculos, pero ya hace mucho que lo dejaron...
Comentáronme hai pouco que existe unha empresa que se adica precisamente a censar manis. Polo que sei o método habitual da policía local en Ferrol é calcular 3 persoas por metro cuadrado..
EliminarUnha aperta.