Seguidores e seguidoras

mércores, 14 de novembro de 2012

Censando humanos

     Acabo de chegar da manifestación de Ferrol, aínda que non puiden acceder á Praza de Armas porque quedei rezagado ata a cola, censando as persoas que participaban nela.
     É fundamento deste blogue a transmisión da realidade no tempo máis axiña posíbel.  Así que xa informo que foi unha manifestación impresionante, das máis grandes que lembro (e os ferroláns sabemos algo disto). Masiva, enorme, multitudinaria, o cualificativo que se queira poñer non faltará á verdade. Pero....éramos 12.100 persoas. Nin máis nin menos.

Saída da "mani", desde O Inferniño

 Digo isto porque debeu tratarse da primeira mani galega que dispuxo dun censador "profisional" para calcular a súa participación. Situeime nun lugar estratéxico onde o paso se estreitaba, e comecei o reconto, empregando o contador que uso habitualmente para as aves en Ortigueira. Resultado: 12.120.

Na Praza de Armas (foto: La Voz de Galicia)

  Agora virá o habitual baile de cifras. Normalmente esaxerando moito a cousa. Probablemente haberá quen mesmo lle poña un cero de máis, outros llo quitarán. Isto funcionou sempre así, desde que os medios opinan en vez de informar. Pero é responsabilidade de "Bichos" compartir con aquelas persoas interesadas datos fiábeis sobre a participación real nesta manifestación, que é das maiores que tiveron lugar en Ferrol nos últimos tempos. Dou fé.

 Un saúdo e paro aquí (que teño a vista cansada.....)

ÚLTIMA HORA: veño de ler na prensa a asombrosa cifra de participación que dan os sindicatos: 100.000 persoas. Cómo se pasan... 

11 comentarios:

  1. Moi boa meu, moi boa...as técnicas naturalistas aplicadas a socioloxía de masas...árdelle o eixo!

    Saudiñas.

    ResponderEliminar
  2. Pois si señor, que gran idea polo menos un dato do que nos podemos fiar, eras o que estabas nas escaleiras do Caixa Calicia?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Era, Toñito, era. A cada pouco paraba algún colega (do sindicato, de Bazán, veciños, amigos,..) e todos me dicían algo mentras eu intentaba non perder a conta e os mandaba ao carallo cortésmente. A algún cando lle dicía que estaba contando, se lle quedaban os ollos como pratos como pensando: "Iso é imposible, este tío está loco"...

      Se tivesen que contar en Vilafáfila ou en Estaca....

      Eliminar
  3. Xa tiña ganas, Rafa. Noutra ocasión xa fixera un censo na Praza de Armas (onde rematan todas as manis, como sabes) e xa flipara despois coas cifras que daban prensa e sindicatos. Pero para qué minten tan esaxeradamente? Normalmente, pola miña experiencia, o número que dan desde a policía local soe aproximarse bastante (porque o que dan os organizadores, por unha banda, e o que dan desde o goberno do PP por outra,.....)

    Menos mal que esta tropa no censa Ortigueira!!

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Nosotros caminamos por las calles de nuestro barrio y está todo cerrado, ni bares, ni nada abierto. Luego en las noticias dirán que no se secundó la huelga, o que fue los que cerraron fue por miedo. Tal vez alguno haya sido por miedo. Pero nos negamos a pensar que al menos algunos no fue como protesta por ver como sus negocios van a menos, y que de seguir así, muchos están abocados a cerrar, pues la falta de trabajo y de dinero para consumir también les afecta a ellos. Supongo que sabrán también que a los que no les está afectando esto, (Banqueros y ricos y políticos) no son los que habitualmente consumen en sus modestos negocios. En fin, como decían nuestros abuelos, ¡nunca llueve a gusto de todos!.

    ResponderEliminar
  5. Muchas gracias por comentar, Wili y Colasina:

    Pues por aquí (en la ciudad, ojo) todo está cerrado también, aunque por la tarde irán abriendo algunos bares. Digamos que.... los "servicios mínimos"...Ferrol es una ciudad que (como Xixón, supongo) depende del naval. Es rara la persona que no tiene un familiar o un colega trabajando o jubilado de los astilleros. En muchos bares o comercios he visto carteles indicando su adhesión a la huelga, porque ven que la cosa les afecta a ellos también. Ahora, por ejemplo, nos acaban de quitar la paga extra de Navidad en Navantia y los comerciantes lo van a notar muchísimo....

    Pero antes de la mani fuí a dar una vuelta por el campo y apenas se notaba. La aldea gallega es otra historia y tiene su propio ritmo vital.

    Un saludo!

    ResponderEliminar
  6. Ben pola iniciativa Xabi...
    A Policía Local tamén anda fina de carallo, tardou menos ca ti en contar...,
    Dan unha participación de 42.000 (14.000 metros cadrados saturados)

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2012/11/14/barricadas-quema-contenedores-cajero-reventado-principales-incidencias-ferrol-naron-durante-primeras-horas-huelga/00031352878217526881358.htm

    Sáudos
    Paco Girón

    ResponderEliminar
  7. A ver, paco...que estou de mala hostia logo de ver a última que sae no País:

    Deume rabia non para a falar contigo e con Pepe Vidal e outros colegas, que tamén pararon a saudar. Pero xa sabes como son estas cousas. O primeiro é o censo.

    Un abrazo!

    PD: O de calcular persoas por metros cuadrados ocupados é que me dá risa cada vez que o escoito...Ao final, o "censo" da Delegación do Goberno vai ser o máis fiable. Como diría o meu admirado Trillo: Manda guebos.

    ResponderEliminar
  8. Primeira analise, en Vigo non sei o numero, a min se non e levantando pedras daseme mal a conta, encheuse a praza de America e seguia a baixar xente polos dous lados da Gran Via. Probablemente a mais concurrida que eu lembre. Penso que desta volta non tiña que ver co partido o que votes, nen o sindicato no que estes, a xente esta farta, e o que e pior, ten medo por non ve que a situacion mellore.
    Segunda analise, moita xente pecha por medo, o mesmo que hai xente que vai traballar por medo. Os sitios donde tomo cafe se puidesen abrian, de feito un tivo que pechar as 10 da mañan porque os ameazaron, tiraronlle ovos, e libraronse porque habia nenos dentro. Pero ao dos conxelados e a froiteria levantaronlles a reixa e a un romperonlle as portas a patadas, e a otra guindaronlle a froita o chan.. Cando eu voltaba a casa despois da manifa, un grupo de 10-15 "malotillos" iban dandolle golpes as portas e tentando levantar as verxas dos comercios, asi non se fan as cousas.
    E pola tarde o de sempre, grupos "incontrolados" a pegarlle a xente que abre, queimar contedores (e o coche da sra que estaba ao lado), ameazar a xente e pegarse cos antidisturbios. Repito, asi non se fan as cousas..
    ¿Por que a esta xente lle molestan os bares abertos antes da manifestacion pero ao rematar sempre toman as cervexas nalgun aberto?..
    En Gondomar pola mañan, medio peche, e pola tarde mais ben normal..

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
  9. Obviamente eu detesto todo tipo de violencia, veña de onde veña. De feito non vou aos piquetes porque discrepo da forma de actuar de moitos dos seus membros.

    Pero é un tema complexo, César. En empresas medianas e grandes (unha superficie comercial ou unha estación de autobuses) o recurso á violencia pode ser comprensíbel se con iso garantes que os traballadores podan exercer o seu dereito á folga (un dereito negado e impedido en moitas ocasións baixo amezas de todo tipo por parte do empresario). O lío vén cando se trata do pequeno comercio. Moitas veces empresas familiares ou sen traballadores por conta allea. Nese caso eu discrepo bastante da actitude dos piquetes.
    Por non falar de que sempre hai túzaros sen ideoloxía nengunha que aproveita o rebumbio para dar renda solta á súa actitude proto-fascista e violenta. Nas manifas de Bazán, por exemplo, púxose de moda útlimamente o emprego de petardos de gran detonación, que catro botarates tiran nos portais e entre a xente "civil", sen control ningún. Vamos, o mellor para non lograr o apoio popular que nos é tan necesario. Estas actitudes retratan a estes pobres descerebrados (non digo que non se poda tirar petardos, ollo, pero hai formas... e sitios...).

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  10. A iso me refiro Xabi. Entendo o que dis, eu estiven en automocion, e xa sabes que os eventuais estan entre a espada e a parede, se fan folga breanos no chollo, se non a fan breanlles os piquetes. Pero eu diria mais ben "facer presion", que violencia, porque en democracia queda moi feo queixarse do goberno e despois impedirlle a alguen decidir o que quere facer pola forza.
    E despois o que ti dis, que hai algun que pensa que esta a xogar na play, e que o que queima non o paga el, ou o seu pai, o sua nai, o seus avos..

    Apertas, e que mellore a cousa

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos