Seguidores e seguidoras

martes, 13 de novembro de 2012

14-N, folga xeral

  Pois mañá temos outra folga xeral. Non están dentro dos contidos programados neste blogue nin a política nin a economía, pero hai momentos especiais en que cómpre facer pequenas excepcións. E non por gosto.

    Eu mudei moito a miña maneira de pensar nos últimos anos e, certamente, non teño a mesma identificación co movimento obreiro do que tiña hai quince ou vinte anos. Pero é un feito que sigo pertencendo a iso que Marx, Trotsky ou Bakunin denominaron coma "clase obreira". E que na tradición das Escrituras hindús chamábase miles de anos antes co termo máis amplo de "sudra". Hai importantes diferenzas entre ambos conceptos (e sobre todo na filosofía que hai detrás) pero, neste caso que nos ocupa, vén a ser o mesmo.

   Así que, coma parte integrante desta casta obreira, estou na obriga de apoiar públicamente todas e cada unha das reivindicacións que están detrás desta convocatoria de folga en toda a Península iberica, frente aos intereses crueis dos especuladores e do capital financeiro. En defensa do público e das conquistas sociais logradas durante décadas.
  Só espero que a xornada descurra dentro da normalidade, dentro do que se pode esperar nunhas circunstancias tan difíceis como estamos a pasar. E que non teñamos que lamentar moitos episodios de violencia, tanto por parte de "uns" coma de "outros". Especialmente por parte de "outros":

Carga policial contra un compañeiro de Navantia-San Fernando

 ADIANTE COA FOLGA XERAL!!

1 comentario:

  1. Ando de folga...así é que escribirei pouco.

    UNha aperta solidaria pra todas e todos.

    Adiante.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos