Onte viña o Manu por casa e me prestaba a súa Nikon P510 (unha compacta con ultra-zoom de 42x!!). A miña idea era botar o domingo na ría de Ortigueira para comprobar as súas prestacións nas distancias longas ou moi longas, como son habitualmente na ría. Desgrazadamente, a batería fixo "plof" cando levaba apenas vinte fotos (menos mal que... "estaba cargada", ejem). Apenas me deu tempo a aprender os controis da cámara e pouco máis...
A Enseada de Mera é un lugar ben esixente para esta proba que tiña pensado. Á grande distancia que hai desde o mirador até a canle central súmase habitualmente unha luz malísima a primeira hora, case de frente, especialmente nun día coma hoxe (case cuberto, con vento, frío e con chaparróns intermitentes). Vamos, o típico sitio onde as fotos soen ser manchas claras ou manchas oscuras... E nese momento aparecía en escea unha Lontra (marcada en azul, para que vexades a distancia).
A continuación poño unha foto tal cual, sen recurte ningún. Aprécianse moi ben varios obxectos da fotografía (a Lontra e unha Garza)
Nestoutra (un chisquiño recurtada), xa aparecen outros "protagonistas" da película: dous Gaivotóns (Larus marinus) que non perdían ollo do que facía o mustélido. Estaba a ponto de caer un chaparrón e, entón, púxose todo negro.
Ampliando un pouco xa se distingue mellor a Lontra, que daba boa conta dun peixe recén capturado.
Ben, isto non é nin moito menos unha exposición fotográfica. Simplemente quería ser unha proba das posibilidades das cámaras compactas avanzadas ("Bridge") coma substitutas do diggiscoping. Xa comentei que únicamente me deu tempo a unhas poucas fotos. E foi, ademáis, a primeira hora da mañá, cando a luz era aínda moi escasa. Pero esta primeira toma de contacto deixoume unhas sensacións extraordinarias. Este lugar de Mera é un dos sitios onde me resultou sempre extraordinariamente difícil enfocar calquera cousa. Tanto coa bridge como coa reflex!. E, tendo en conta as adversas circunstancias da proba, e que eu apenas coñecía a cámara, lograr que os obxectos saian medianamente definidos paréceme un éxito rotundo.
Sigo pensando que estas compactas de ultrazoom van substituir a moi curto prazo o equipo habitual de telescopio + compacta, porque ofrecen prácticamente o mesmo, pero cun peso e volume infinitamente menor. Especialmente para aqueles que buscan a lectura de anelas ou simplemente rexistrar rarezas. Para fotos de calidade a pouca distancia non vou renunciar xamáis á cámara reflex co meu Tamron de 300; pero para longa distancia e como máquina versatil para todo uso, teño clarísimo cal vai ser a miña próxima inversión (xa vos falei dela aqui...)
E como vexo que vos aburrides, poño unhas cifras que puiden contar hoxe na ría, entre tanta proba e tanto chaparrón:
- 9 Mergullón spequenos (Tachybaptus ruficollis)
- 3 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
- 2 Garzas brancas (Egretta alba)
- 7 Cullereiros (Platalea leucorodia). Unha con anela amarela, por se interesa.
- 108 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo) nun só bando no intermareal de Ortigueira norte.
- 718 Asubións (Anas penelope). Unha boa cifra (e conservadora, volo aseguro) a estas alturas do ano.
- 14 Frisados (Anas strepera)
- 108 Patos rabilongos (Anaas acuta)
- 212+ Cercetas (Anas crecca)
- 17 Pentumeiros (Melanitta nigra) na ría central
- Varios Tordos rubios (Turdus iliacus) e, posibelmente, reais (Turdus pilaris) en San Claudio.
Vémonos!

Enseada de Mera.

Parece que estás a facer probas de cámaras bridge.
ResponderEliminarVin unhas fotos feitas cunha Sony DSC-HX200V (27/810 mm), e pódote dicir que estaban pero que moi ben.
Se tes oportunidade, próbaa.
Jose Angel Rodriguez
Opa Jose:
EliminarA este paso, vou acabar montando un blogue específico sobre bridge, je, je.
E se teño esa oportunidade da Sony non te procupes que a hei probar, Jose. Nesta ocasión a máquina era dun amigo, así que o tiña "a güebo", como se di vulgarmente.
Estas pequerrechas son a caña para os naturalistas afeizoados, macho. Son a caña....
Deuche forte coas bridge superzoom, ¿eh Xabi? Medo me das... E non sei, pero creo que eu teño algo que ver con isto, je, je, je. A ver cando nos desvelas a túa próxima compra
ResponderEliminar;)
Desvelareina cando poda. Que espero que non sexa dentro de moito. E o nome da gañadora xa o sabes, que falei dela ata cansar nunha entrada recente.. E claro que me entrou o gusaniño cando falamos da túa compra!
ResponderEliminarUnha aperta
Pois resulta que a miña compra viña cun defecto de fábrica do que me din conta este fin de semana, así que ando agora a voltas coa garantía. A ver si ma arranxan, me dan outra, ou en qué acaba a cousa. Mandeina ó servicio técnico, así que a esperar. Xa che contarei...
ResponderEliminarCala a boca, que non sei se o meu 300 non terá un defecto nas lentes tamén....Consultei con expertos un efecto que me fai e non teñen nin idea.
Eliminar