Seguidores e seguidoras

mércores, 28 de novembro de 2012

Canal de A Frouxeira, actualizada

  Ben, pois nun intento por manter informada á xente de "Bichos", onte voltei pola Frouxeira, acompañado desta volta por Eloi Saavedra (Sociedade Caza e Pesca do Xubia) e Nês Lópes (Adega). Da man de Eloi, unha auténtica enciclopedia viviente sobre A Frouxeira, demos un paseo para ver o estado actual da lagoa.

Vista desde a estrada xeral

  Primeiramente paramos na estrada para ver a crecida na canaveira, que aparece asolagada. Os amplos claros da xunqueira están cobertos polas augas desde hai semanas. E, neles, nadan muitas aves acuáticas. Nas zonas periféricas das xunqueiras a parte emerxida dos macrófitos maiores (coma Phragmites australis) é por agora maior ou igual que a parte submerxida. Falta bastante (afortunadamente) para chegar ao nivel do ano pasado.

 Logo achegámonos até a canle.


   Comentaba Eloi o feito de que se estivesen a producir desprendementos da area nos bordes. Un sinal de que a canle estaba "traballando" e que iría agrandándose. De feito xa me pareceu lixeiramente maior que na última visita. 


Desembocadura da canle no mar

 Sigo pensando que a auga que entra (ríos e chuvia, quizá marés,..) é maior que a que sae (canle, evaporación). Vamos tomar de referencia ún dos marcos que indican o límite do dominio marítimo-terrestre, situado na beira sul da canaveira, para ir mirando a evolución do nivel.

 En principio penso que imos ter que esperar un pouco para que baixe, mentras a canle non se abra un pouco máis, algo que semella que está sucedendo pouco a pouco, naturalmente.

 Seguiremos informando.

4 comentarios:

  1. Pois ogallá te equivoques, pero creo que coñeces demasiado ben o lugar como para facelo. En fin, agárdannos outra vez ríos de tinta, opinións, desinformacións... sobre o caso da Frouxeira.
    Xa nos irás contando.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Irei, Quique. Ao pé do cañón, coma sempre. Mentras tanto espero un regalo inesperado...(semella que o "monstro" vai vir antes de tempo, debido a un suceso co que non contaba)

    PD: Sabes de alguén que queira unha FUJI HS10??

    ResponderEliminar
  3. ¿En serio? ¡Qué ben! Alégrome moito por ti, que seica o monstro te tiña obsesionado. Seguro que lle sacarás moi bo partido e os seguidores de Bichos tamén o notaremos.
    Pois sinto non poder axudarche moito co da Fuji. Xa sabes que eu estou agardando a miña Nikon Coolpix P510. Que por certo, xa podería ter nas mans, pero como esta semana estou en Ribadeo, non poderei tocala ata a semana que ven cando estea de novo en Madrid. Por unha vez, e sen que sirva de precedente, estou desexando marchar xa...

    ResponderEliminar
  4. Pois estou seguro que os seguidores de "Ribadeo" habemos de vernos beneficiados igualmente coa túa compra.
    Unha aperta, e coidado na viaxe de volta! (o tránsito debe de estar bastante complicado nos altos)

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos