Barrio ferrolán do Ensanche, desde Santa Mariña
A Primavera está chamando xa ás portas no Golfo Ártabro, como anuncian as flores dos numerosos Salgueiros que hai pola zona.
Salgueiro en flor (Salix atrocinerea)
Na parroquia de Santa Mariña chama tamén a atención a presenza de numerosas Laranxeiras e Limoeiros plantados polas hortas, e que aportan un toque mediterráneo ao lugar.
Nestes días de inverno as Silveiras, mato e campeiros da periferia da cidade manteñen unha interesante poboación ornítica. Hoxe intentei afotar varios páridos e picafollas, aves inquedas coma poucas, e que supoñen todo un desafío para este aprendiz de fotógrafo. A verdade é que hoxe botei de menos a reflex e o seu enfoque, moito máis apropiado para esta tarefa..
Ferreiriño negro (Parus ater)
Rula turca (Streptopelia decaocto)
Tempos fóron en que a aparición da Rula turca foi documentada por primeira vez en Ferrol, aló polos anos setenta, da mán de Juan Rodríguez Silvar. Agora é unha ave moi numerosa por todas partes.
Pega común (Pica pica)
As Pegas hai días que se afanan na construción ou reparación dos niños (que dispón do último en "tecnoloxía", como é un tellado protector). Agora que me adico á fotografía doume conta do intelixentes e desconfiadas que son estas aves, moi difíciles de pillar por sorpresa.
Ben, isto non deu para moito máis, pero están proximas entradas un pouco máis sustanciosas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos