Pimpín común (Fringilla coelebs) femia
Un Merlo bastante confiado permitíume tirar unha serie a curta distancia. Foi unha mágoa que, por falta de luz, tivese que empregar un ISO moi alto, así que apareceu moito ruido nas fotos.
Nalgunhas fotos mesmo me atrevín co enfoque en modo manual, toda unha aventura con este tipo de máquinas, como sabedes moitos de vós. Porque as bridge non teñen un anel de enfoque no obxectivo, como as reflex, senón unha rodiña diminuta e moi pouco precisa.
Aínda non sei moi ben como dei enfocado estas fotos en manual, pero mañá darei unha rolda de prensa para explicar o acontecimento.
Merlo común (Turdus merula)
Na lagoa había bastante patería na zona norte. Nestes días de Febreiro a temporada de cría está a comenzar para a nosa anátida máis común, o Alavanco. É habitual ver grupos de machos completamente tolos detrás dunha femia, realizando a parada nupcial coma posesos. Os apareamentos poden ser bastante violentos, por non dicir unha "violación múltiple" en toda regra, na que as femias poden sair moi afectadas debido á agresividade con que se empregan os machos (con picotazos no pescozo incluídos). Desde logo que a Natureza ten en ocasións capítulos pouco agradábeis para a vista...
Na seguinte imaxe podemos ver unha femia voando, rodeada de machos que non a deixaban en paz. Parecía a famosa foto de Iniesta rodeado de futbolistas italianos na Eurocopa.
Alavancos (Anas platyrhynchos)
Patos culler (Anas clypeta)
Cercetas comúns (Anas crecca) e Alavanco
Ben, xa vos dixen que isto non daba moito de si. Que vos aproveiten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos