Seguidores e seguidoras

domingo, 15 de decembro de 2013

Máis cousas na ría de Ferrol

  Esta mañá de domingo dispuña dun par de horiñas libres, antes de volver a submerxirme no Plano de Conservación de Valdoviño. Dabondo para dar outra voltiña pola ría de Ferrol.

 Enseada da Malata, Ferrol

 Facía unha primeira parada na Malata, onde non había nada salientábel. Despois volvía pola ribeira meridional.

 Enseada do Seixo, Mugardos

Intermareal de Neda

     Os censos están á volta de tres semanas, así que hai que cómpre ir tendo unha idea xa do que hai, de ónde o hai e de cómo localizalo cando chegue o día do reconto. Hoxe realizaba algún censo parcial con este obxectivo:

- 1 Garza branca (Egretta alba)
- 246 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo). Non é un censo completo, insisto. A cifra total da especie anda por 300-400 exemplares, pero hai que contalos nos durmideiros.
- 28 Corvos mariños cristados (Phalacrocorax asitotelis) na zona do Seixo.
- 50 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos). Nos últimos anos a maior concentración dase no Seixo, con 29 exemplares contabilizados alí hoxe. A poboación invernante real anda polo centenar de exemplares, pero é unha limícola moi complicada de censar ben. Case que necesitaría dun censo específico, debido á súa dispersión e aos cambios nos lugares de concentración favoritos dun ano para outro..

 Garza branca (Egretta alba)


 Bilurico das rochas ou bailón (Actitis hypoleucos)

  Buscaba a entrada de gaivotas "raras" (non vos riades...), tales como canas (Larus canus) ou Delaware (Larus delawarensis), pero por agora non as detectei. Haberá que esperar. Pero si me chamou a atención esta chorona coa cabeza xa "manchada de chocolate":

Gaivota chorona (Larus ridibundus) coa plumaxe case nupcial

  O mellor veu coas anátidas en Neda. Avisárame o outro día Paco Girón (Siempre vuelvo a Esmelle) de que había un par de Patos bastardos por alí, así que tiña un estímulo máis para visitar esta parte máis interior da ría. E paseino pipa contando patos. A pesar dos graves problemas de contaminación e alteración humana da ría, ás veces sorprende:

- 5 Patos asubiadores (Anas penelope)
- 356 Lavancos (Anas platyrhynchos). Sumándolle os grupiños de Fene, Mugardos e Malata, o número total estará nestes momentos nuns 450 exemplares, aprox. Parece un bon ano para anátidas.
- 10 Patos frisados (Anas strepera)
- 2 Patos rabudos (Anas acuta)
- 1 Cerceta real (Anas crecca)

 Patos asubiadores (Anas penelope)

   E alí estaban os bastardos (si, xa sei que soa fatal!) N acnle central, baixo a parroquia naronesa do Couto, nadaban o que parecían unha femia e una macho en muda ou de 1º inverno, quizá?


     A distancia era moita, mesmo para a SX50, pero polo menos identifícanse (Álvaro, as fotos son horrorosas, pero se souberas a qué distancia disparei, non o crés).

Patos bastardos (Aythya marila)

  Agora esperemos que aguanten por aquí ata os censos, por aquilo de darlle un pouco de glamour... Por aló andaremos. Ata a próxima!

4 comentarios:

  1. Non está nada mal para ser unha ría tan contaminada e humanizada. Por certo, ¿fas ti este ano o censo da de Ribadeo? Creo que levas a lo menos tres anos sin facelo ti, ¿non?

    ResponderEliminar
  2. Pois si que tes por ahí moita bichería. Cando vaias facer o censo non vas dar abasto.

    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que conste que o máis chungo de Ferrol son as humildes gaivotas choronas, Inés. 2000 gaivotas (redondeando) sonche moitas gaivotas...sobre todo porque dipós dun tempo moi cocreto para censar. Non é un censo estático, como o dos Mazaricos en Ortigueira, senón dinámico, en período de media marea e bastante movimento. Non apto para principiantes.
      Os das Rías Baixas deben de flipar comogollón de gaivotas que teñen aló.

      Eliminar
  3. Non o sei, Quique. Tres? Paréceme moito, pero últimamente si que o facían outras persoas. Concretamente Marcos Otero e Catuxa Varela, que viven en Lugo capital. Non te preocupes que estes dous sonche censadores de garantías (do mellorciño)
    O ano pasado cadrárame o ingreso da vella no hospital (todo o mes, case) e apenas puiden censar nada máis que Ortigueira. Así que, a verdade, este ano teño moitas ganas. A ver qué equipo formo e cómo nos repartimos...
    Unha aperta.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos