O meu bon amigo Fernando Martínez trouxo aos seus alunos do colexio de Navia de Suarna (Lugo) para que coñeceran a ría de Ortigueira e, a verdade, foi un auténtico pracer ensinarlles aquilo. Aínda encima o clima sorprendeunos cun sol inusual nestas datas outonais.
Alunos do IES de Navia de Suarna (no medio, un aluno repetidor)
O mesmo porto de Ortigueira é para estas cousas o sitio ideal. Coa marea baixa os rapaces desfrutaron observando especies de aves completamente novas para eles, aínda que xa coñecían a Garza e o Corvo mariño, que tamén viven polo val do río Navia.
Tievemos ocasión de aprender un pouco cómo funciona unha ría; porqué as aves son gregarias; ou porqué comen e descansan en sitios distintos; a qué se debe que teñan bicos tan diferentes, ou que existe un depredador, o falcón, que causa terror entra as limícolas; ou cómo sabemos que os Cullereiros que viron filtrando no intermareal proceden de Holanda; en fin e todo o que se puido explicar no estreito marxe de tempo de que dispúñamos.
Non me estendo moito porque moi probablemente volte mañá pola ría. Hoxe limiteime a explicar o que sei da ría para que a semente do amor pola Natureza dea froito nalgunha desta "persoas pequenas". E, como puiden comprobar, entre eles hai xa auténticos naturalistas en potencia. Rapaces con permanente curiosidade por todo o que se move e que desfrutaban realmente vendo aqueles bandos de anátidas na enseada de Cuíña, coma Mohamed ou Omar.
Cando ún ve que entre estes quince ou vinte xóvenes hai tres ou catro que van ser naturalistas, sinte certa emoción. Quizá porque vexo neles o xoven inquedo e curioso que outros fomos antes. E volve ún para casa orgulloso de ter perdido unha mañá nesta tarefa formativa, porque eles e elas son o noso futuro.
Asi que exercendo de gran sensei?, menos mal que os rapaces son de campo porque se chegan a ser urbanitas toleas con eles.
ResponderEliminarNon sei se decirche que lle botes un ollo ao meu blog, igual perdes toda a calma que gañaches hoxe..
Apertas,
Cesar
O de "sensei" será polo peinado, non si? (coñezo algún herpetólogo que debe ir á mesma perrucaría...). A verdade é que os rapeces, que non o eran tanto (14-17), mi ben. Pero na última saída á Frouxeira eran de 12-13 e portáronse moi ben. Non sei ti, pero para min é un traballo moi agradecido tratar con nenos ou adolescentes. Son moi espontáneos e sinceros... Se lles gosta algo nótalo e, se non lles gosta, tamén o sabes. Non andan con voltas, dicindo hoxe unha cousa e mañá a contraria, como algúns adultos (e adultas....).
EliminarSobre o teu blogue, xa imaxino por onde van os tiros (pasei rápoido por Galizaves). Mañá cho miro.
Un abrazo
PD: Coma sempre verei a túa entrada normalmente ata que comente. Desde ese mesmo momento deixarei de ver a opcion de "comentarios" e non saberei qué me respostaches. Expediente X.
Iso ten solucion, pica onde pon avisarme, a dereita de publicar, e enviarache a resposta ao teu correo electronico, a tecnoloxia..
Eliminar