Cidade de Ferrol, vista desde Mugardos
Ao longo destes últimos días realicei un censo das especies principais e unha estimación das máis abondosas (que xa se contarán con precisión en Xaneiro). Os resultados han sorprender a máis de ún. E estou seguro que a partir de agora vaise ter unha imaxe diferente da ría.
Sen máis, vamos cos resultados:
- 8 Mobellas grandes (Gavia immer), 6 das cuais saíron ao mencer desde a praia de Maniños formando unha balsa para logo espallarse polo ría. É a cifra máxima rexistrada na localidade (eu tiña estimado unha invernada habitual de 5-6 exemplares)
Mobellas grandes en Maniños
Hoxe, para abrigarse do forte vento do suroeste, meteuse moito entre as dúas pontes (a do tren e a da autovía). O regalo de Nadal ocorreu cando, sorprendentemente, a mobella decidíu achegarse cara min.
Debido á falta de luz tiven que meterlle un ISO de 640-800 na maioría das fotos. Non quero nin imaxinar cómo quedarían se chego a poder utilizar sensibilidades baixas....Tremenda a SX50
A mobella amosábase increíblemente tranquila e confiada, a carón mesmo do paseo marítimo. Que pena de luz!! (as bridge, a partir de ISO 200 perden moitísima calidade). Se chega a saír o sol nese momento, por mis muertos que mando as fotos a National Geographic..
Mobella grande (Gavia immer)
Veña, que seguimos co censo:
- 5 Mergullóns cristados (Podiceps cristatus)
Mergullón cristado (Podiceps cristatus)
- 110 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
- 2 Mergullóns reais (Podiceps auritus). Logo duns anos de ausencia volven ao que foi un cuartel de invernada regular. Foi Pablo Pita o que me avisaba da presenza da especie no Seixo, grazas ao cual acabei detectando un segundo exemplar en Barallobre (Fene). "Puedo prometer y prometo" que habedes ver fotografías decentes da especie en Bichos.
Mergullón real (Podiceps auritus)
- 7 Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis)
- + Paíños pequenos (Hydrobates pelagicus). Pouco a pouco vamos coñecendo mellor a presenza de Paíños en augas da ría. Normalmente entran logo de fortes temporais (como o do outro día), para permanecer no entorno de Caranza-As Pías durante a noite, probablemente. A primeira hora da mañá van saíndo cara o exterior e se poden observar (lonxe, iso si) mentras voan raso polo centro da ría. Onte observaba 3+ e hoxe outros 2+, aínda que obviamente, habería que realizar un control específico para saber o seu número real.
- 30+ Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis). Concentrados especialmente na zona de Mugardos-O Seixo
- 300-400 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo). Hoxe atopaba este exemplar anelado (metal 6324) en Barallobre:
A ver qué nos conta Antonio:
- 1 Garza branca (Egretta alba)
- 100+ Garzas reais (Ardea cinerea)
- 100+ Garzotas (Egretta garzetta)
- Mazaricos mouros (Plegadis falcinellus). Avisábanme hai uns días da presenza dun exemplar nunha marisma de Neda e, posteriormente, dun bando dunha ducia nun campeiro das aforas de Ferrol. Pablo Pita atopaba ún logo, en pradarías de San Pedro de Leixa. Este Ibis volveuse xa unha especie frecuente no entorno da ría nos últimos anos, con citas en Pedroso, Moeche, e outras localidades.
- 5 Patos asubiadores (Anas penelope)
- 4 Cercetas comúns (Anas crecca)
- 450-500 Lavancos (Anas platyrhynchos)
- 10 Patos frisados (Anas strepera)
- 2 Patos rabilongos (Anas acuta)
- 2 Patos bastardos (Aythya marila) en Neda.
- 6 Pentumeiros (Melanitta nigra)
- 14 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 7 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola), que seguen resistindo na pequena praia de San Valentín, a pesar da peste (os putos cans soltos).
Píllaras cincentas e Gaivota cabecinegra
- 120 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 2 Biluricos claros (Tringa nebularia)
- 50-100 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 20+ Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus). Coma sempre, algunha anelada polo medio. Grazas a Antonio Gutiérrez sabemos que ésta (vermello PHR4) foi anelada en Polonia, en Xuño de 2012:
Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus)
- 2000-2500 Gaivotas choronas (Larus ridibundus). Este ano quizá máis.
- 300-500 Gaivotas grandes (Larus michahellis/fuscus)
- 5+ Gaivotóns (Larus marinus)
- 15-20 Carráns cristados (Sterna sandvicensis)
Bando de láridos na praia de San Valentín
Non está mal, non si? Pois xa sabedes, contar é sano, contar é barato, contar exercita a memoria,..¿a qué estades esperando para censar?
Despídome cunha foto simpática, sen palabras:
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarBuenisimo ese colimbo! que bichos mas increibles, felicidades Xabi!
ResponderEliminarAhora hay que tratar sacar a esos auritus,
Graciñas, Pablo. Desde que teño uso de razón, perdón, de bridge, hai dous personaxes que teño entre cella e cella. Ún é a Escribenta das neves, que me debe ter manía e fuxe de mín na Frouxeira desde que ando de fotógrafo (co ben que nos levábamos antes). E outro é o Mergullón real. Por diferentes motivos son obxectos de desexo persoais. A ver se soluciono iso este inverno.
EliminarFantástica entrada e estupendas fotos Xabier! A verdade é que debeu ser unha pasada observar a Mobella tan preto, pero aínda máis poder desfrutar a diario da riqueza e diversidade dunha ría coma a de Ferrol. Hai que defender e coidar as nosas rías e humidais, e para iso nada mellor que coñecelos en profundidade como ti fas. Noraboa!
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
EliminarGrazas, Óscar, pero non facía falta volver a comentar, unha vez feito xa no facebook, home. En calquera caso benvido por aqui, rapás.
EliminarMuy buenas fotografías del Colimbo, hoy mismo lo intenté en el fondo de la ría pero no obtuve buenos resultados y muy interesante lo de los Auritus desconocía su presencia en nuestra ría.
ResponderEliminarPerdoa, que se me pasou de contestarte Juan. A mobella ésta pódela coller desde o mosteiro do Couto-ponte vella do ferrocarril. O outro día estaba na beira sur pr culpa do forte vento con esa compoente.
EliminarE os mergullóns reais foron un clásico durante uns anos na ría. Xa se botaban de menos.
Qué cifras de mobellas!!! E coidadiño que non aumenten en xaneiro (7 ex. en Mugardos 14/01/2007). E xa sei que queres batilo record de mergullóns... Ogallá pilles dese xeito os auritus, e se fagan habituais. Boa sinal. Qué entretida esta a ría, temos de todo. Saúdos Prieto
ResponderEliminarDavid Martínez Lago
Non sabía eu desa cita de 7 immer en Mugardos (ollo, que hai uns anos vira desde aló un grupo de 3 arctica). E os migricollis penso que xa estabilizaron o número arredor deses 110-115 bichos. Que non está nada mal!
EliminarUnha aperta... "Martínez"
Excelente entrada!!!! Mañá sábado pola mañá andarei pola zona, a ver que tal. Se queres quedamos.
ResponderEliminarApertas crack,
Damián
Ti avisa, aínda que xusto mañá vou andar bastante liado
EliminarHola:
ResponderEliminarEse colimbo se quería ir contigo para casa.... El cormorán es Danés (les gusta la ría a los daneses....). Faltarían los dos primeros dígitos.
Ej. 2H- 6324 (es decir Número + Letra - 6324
Ostras, pois igual se vían noutras fotos. Eu pensaba que en "metais" facía falta saber a numeración pequeniña da parte baixa da anela... Vaia! Ao mellor volvo pillalo un día destes.
EliminarPD: Mirei por Mugardos un par de veces estes días para localizar a nosa amiga checa, pero ná.
Las metálicas, las hay de varios tipos, pero en distinto orden, siempre llevan varios números y unas letras (más o menos grandes; normalmente pequeñitos) dende esté el remite de la anilla (British museum, BTO, Aranzadi- San Sebastian, ICONA-Madrid, etc). Lo importante es el número; si se lee el remite, mejor que mejor, pero haciendo un poco de labor detectivesca, se puede saber el país, por el estilo de la anilla.
ResponderEliminarPero, lo dicho, leer metálicas es un sufrimiento..... Suerte si lo intentas.
Si guardas las otras fotos, tal vez salga algo.... Si las tienes pásamelas en grande (todo lo posible).
Quise decir "donde está"...
ResponderEliminarlas prisas y la neurona.... Disculpas
Pois hoxe fixen limpeza da tarxeta e borrei as outras fotos do corvo mariño. Pero probablemente ha de caer (eu vou moito por Barallobre)
ResponderEliminarPD: Tranqui, que o de "ende esté" non superará xamáis o que ti e máis eu sabemos (só de pensalo xa me estou partindo de risa outra vez)
Opa Xabi, un día dos de facer afición, por se non a tiveras. A ría da moito que ver, está claro.
ResponderEliminarBueno, Xan, que conste que os datos son de varias xornadas diferentes. Pero o "gordo" vino todo na mesma mañá.
ResponderEliminarA ver se somos capaces de sacar todo iso cando fagamos o censo (tenme pasado de ver cousas chulísimas en Decembro pero cando chega o día do censo non as dás atopado)
Unha aperta