Seguidores e seguidoras

sábado, 20 de mayo de 2017

Confirmada nidificación de Phalacrocorax aristotelis en NJ62!

 Prospectar zonas de acantilado non é nin doado nin cómodo, e por iso as miñas expectativas esta mañá eran inciertas na visita de control a NJ62, a cuadrícula de Valdoviño.

 Illote en Meirás

  O prazo para a recopilación de citas acaba este ano e faltan cousas. Algunhas desapareceron da zona pero outras non, aínda que esixen un esforzo extra pola miña parte, dada a dificultade ou complexidade da súa detección. Na costa de Meirás busquei varias especies rupestres que habitan este hábitat pero que resultan moi difíceis de detectar en visitas esporádicas. Certamente é como buscar unha agulla nun palleiro.


  Algunha "furna" ou illote semellaban especialmente interesantes, así que lles adiquei moito tempo realizando múltiples varridos co telescopio a máximo zoom.


  Un Corvo mariño cristado adulto apareceu voando baixo e remontou ata un tramo de acantilado próximo. Iso fíxome encender as luces de emerxencia.


  Despois de hora e media de control logrei por fin descubrir un niño ocupado na que presumiblemente a femia chocaba os ovos. Ademáis outro adulto recolleu raíces do acantilado e aportounas a unha segunda plataforma semioculta, próxima á da foto. En total observei 3-4 exemplares adultos diferentes, así que podemos considerar un mínimo de dúas parellas reprodutoras. A forte sombra impedíu tirar unha imaxe semidecente (a distancia tamén era brutal).

 Niño de Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)
(distancia da foto: uns 1100 m)

  O Corvo mariño cristado é coñecido na bisbarra coma "Chíscala" (na ría de Cedeira) ou "Coca" (na ría de Ares). As súas poboacións reprodutoras están diminuíndo alarmantemente ata o ponto de que Sergio París, gran coñecedor da especie, considera o seu declive comparable ao do Arau (Uria aalge). Neste contexto entenderedes a inmensa alegría que tiven hoxe ao descubrir que se mantén este núcleo reprodutor, que mesmo podería estar nunha cuadrícula 1x1 km nova non publicada.

 Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)

 Ademáis había un bon número de niños de Gaivota patimarela (Larus michahellis) no seu hábitat orixinario. Para un ferrolán xa case resulta raro velas aquí, de tantas que hai aniñando nos tellados dos edificios.

 Gaivota patimarela (Larus michahellis) chocando 1-2 ovos

   Estes acantilados son tamén o hábitat do Corvo real (Corvus corax) e da Choia de bico vermello (Phyrrhocorax phyrrocorax). Unha delas andaba moito perto de min. Algo quería...

Choi de bico vermello (Phyrrocorax phyrrocorax)

 Mañá toca volver terra adentro para controlar eses pardais monteses...

2 comentarios:

  1. Unha boa nova, si señor!
    A ver se teñen sorte e non se enrredan nalgún trasmallo ou similar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bon apontamento Carlos. Efectivamente os trasmallos parecen ser causa principipal do seu declive, polo que me dixo Sergio.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos