Seguidores e seguidoras

domingo, 26 de abril de 2020

Unhas viciñas moi curiosas

 As Gaivotas patimarelas (Larus michahellis) están a piques de poñer os ovos. Cómpre, pois, ultimar o acabado do niño, especialmente o forro interior. E para tal fin as gaivotas andan estes días á procura de calquera cousa que lles valla.


    Sobre os tellados e nos patios sempre hai ocasión de atopar algo.

 Gaivotas explorando o patio


  As patimarelas son tremendamente curiosas e agora que perderon o medo ao ser humán achéganse ata case entrar nas vivendas.



  Unha delas achou un pau que non semellaba ter moita utilidade.

 "- Pero Manolo, deixa iso, que non vale pra nada
- Cala muller, isto queda quenindiola!"

 A él non lle gostou moito que os fotografase e chamoume a atención.


     Estas humildes gaivotas supoñen ún dos escasos pasatempos ornitolóxicos que teño no patio que conforma a horrorosa vista desde as habitacións do Leste.

Vista completa do patio

   Un cristal que facía espello deu un susto importante a unha das gaivotas, que botou un pedazo moi inqueda e confusa diante daquela outra patimarela descoñecida.


 Gaivota patimarela frente a reflexo nun cristal

    Rematada a "investigación" ambos membros da parella volveron até a sua atalaia, a carón do  niño. A luz suave do momento animoume a tirarlles outra foto.

 Parella de patimarelas (Larus michahellis) Distancia: 40 m
Nikon P1000 focal 360 (2000 mm)   ISO:560   V:1/250   F:6,3

    Xogando co Lightroom saíume esta imaxe ben curiosa. Non quedaría mal impresa nunha camisola para o día das aves (se alguén está interesado cédolle o orixinal de balde).


    E coa femia de gaivota boquexando rematamos por hoxe. Xa falta menos.

2 comentarios:

  1. A verdade é que a traseira da meirande parte dos edificios das vilas galegas é inda máis fea que a fachada que da á rúa, que xa é dicir...

    Gustoume moito o diálogo da parella; a ver que tal lles vai este ano...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, David, lamentablemente o do "canibalismo urbanístico" é auténtico ADN galego. Por veces penso que ten que haber algo de masoquismo, ou non se entende.
      Grazas por comentar.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos