Praia de Ponzos, Covas (Ferrol)
Praia de Sartaña, Covas (Ferrol)
A pequena cala de Sartaña está sempre algo máis tranquila e nestas alturas adoita ter presenza de limícolas. Un grupiño de pilros tridáctilos ofrecéronme a oportunidade de os fotografar. As tomas mais ampliadas foron feitas a aproximadamente 5-10 m de distancia.
Pilros tridáctilos (Calidris alba)
Canon SX70 focal 600 mm equiv ISO:125 V:1/500 F:6,3
Algunhas das mellores fotos que teño foron feitas coas Canon SX50 e SX60. Desde logo con aves pequenas a media-curta distancia vai coma un cañón.
Pilros tridáctilos (Calidris alba)
Canon SX70 focal 400 mm equiv ISO:250 V:1/800 F:7,1
Pilros tridáctilos (Calidris alba)
Canon SX70 focal 600 mm equiv ISO:100 V:1/500 F:7,1
Aínda non controlo moito o seu procesado así que desta volta preferín disparar directamente en JPEG, editando e recurtando un poco cada imaxe.
Pilros tridáctilos (Calidris alba)
Canon SX70 focal 1000 mm equiv ISO:125 V:1/800 F:7,1
Probei tamén o zoom dixital a 2x, que equivale a unha focal de 2730 mm (case como a Nikon P1000). A verdade é que case non se nota que hai recurte dixital. De todas formas é mellor disparar con zoom óptico (o RAW xa non permite dixital) e recurtar a imaxe logo.
Pilros tridáctilos (Calidris alba) con zoom dixital 2x
Canon SX70 focal 2400 mm equiv ISO:125 V:1/800 F:7,1
En Cabo Prior había paxarada migrante típica destas datas: papamoscas negros, chascos norteños e petos formigueiros. Puiden pillar ún dos papamoscas.
Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)
Canon SX70 focal 1365 mm equiv ISO:250 V:1/800 F:7,1
Neses momentos terminábase a batería logo de só 191 disparos! Certo é que mirando polo visor (consume máis que desde a pantalla LCD) e revisando/borrando fotos da tarxeta. En calquer caso unha auténtica miseria tratándose dunha batería orixinal cargada ao 100%. Haberá que comprar un par delas de reposto.
Saudos
ResponderEliminarmerquei esa máquina mais ben pola calidade de videos, viña de ter a SX60 e son dos que prefire non arriscar con novidades. O das baterías si que fastidia e sobre todo si vas a algunha viaxe onde non podes recargalas con fracuencia. Eu teño catro baterías. Para macro emprego enfoque manual aumentando a claridade, nunha bandexa pódense sacar fotos de bichos de poucos milímetros. Axusto a máquina e xogo coa distancia, mesmo apoiando o borde do obxetivo na bandexa. Estou contento con ela, agora sobre todo fago vídeo. Apertas e a disfrutar do paso que está interesante...
Opa, Emilio.
EliminarCertamente a "saga SX" é garantía de calidade e dureza. Que conste que para facer macro en serio xa teño a OM-1 co Zuiko 100-400 mm, que ten un nivel superior de calidade e aumento, sobre todo se engado os aneis de extensión. Sempre que non me importe cargar o seu peso, haha... Que esa é outra.