O domingo pasado achegueime até a lagoa da Frouseira (Valdoviño). Levei o telescopio e fixen alghún que outro conteo rápido. Poño a lista das acuáticas avistadas:
- 3 Patos cullereiros europeus (Spatula clypeata)
- + Patos frisados (Mareca strepera)
- + Lavancos reais (Anas platyrhynchos)
- 215 Cercetas comúns (Anas crecca)
- 12 Patos cristados (Aythya fuligula)
- 1 Pato de cara branca (Aythya marila)
- 46+ Merguilletes comúns (Tachybaptus ruficollis) contados en barrido rápido de telescopio. Habería bastantes máis con certeza
- 1 Galiña de auga (Gallinula chloropus)
- 83 Galos de auga (Fulica atra) polo menos
- 85 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
- 1 Pilro común (Calidris alpina)
- 67 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
- + Gaivotas de patas amarelas (Larus michahellis)
- + Gaivotas escuras (Larus fuscus)
- 1 Cegoña branca (Ciconia ciconia)
- + Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
- 3 Garzotas comúns (Egretta garzetta)
- 18 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 6 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
- 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)
Cercetas comúns (Anas crecca) e pilros tridáctilos (Calidris alba, ao fondo esquerda)
De novo levei a Canon SX70. Mentras eu contaba María botoume unha mao coas fotos. Está empezando nisto da bicho-fotografía e fíxolle moita graza a maneira de se alimentar dos lavancos.
Lavancos reais (Anas platyrhynchos) alimentándose
Contando galos de auga
Ao meu parecer, a serie SX de Canon empeorou desde a SX50. Non sei exactamente qué cambio implicou ese aumento de focal (de 215 a 247 mm) pero non consigo os resultados que tiña coa SX50 en cuanto a nitidez e estabilización. Quizá porque agora as cámaras están máis enfocadas ao vídeo o seu estabilizador para fotografía parece que traballa pior. Terei que investigar no manual.
Pilros tridáctilos (Calidris alba) en voo
Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Canon SX70 focal 120 mm ISO:100 V:1/1000 F:7,1
Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Canon SX70 focal 120 mm ISO:100 V:1/1000 F:7,1
Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Canon SX70 focal 120 mm ISO:100 V:1/1000 F:7,1
Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Canon SX70 focal 120 mm ISO:100 V:1/1000 F:7,1
Un servidor anotando no "cuaderno de campo"
Por desgraza era domingo perto do mediodía. Un momento en que a presenza de mascotistas con cans soltos é realmente insufrible. Mentras aparcábamos o carro pasaban tres propietarios con tres cans medianos/grandes soltos polo paseo peonil. Nese preciso momento pasou tamén un veículo da Xunta cun axente de Medio Ambiente que fixo a vista gorda e non parou para darlles o toque a ningún deles. Só lle faltou acelerar a marcha e tapar os ollos coas mans para non velos. De vergoña!
Can correndo pola beira dun espazo protexido
Pasa o mesmo coa policía local e os cans perigosos soltos sen buceira nas rúas da cidade. Porque isto non vai de "informar" ou de poñer cartaces. Aquí hai evidentes directrices de arriba para que os mascotistas poidan circular impunemente infrinxindo canta normativa hai sen que a policía, SEPRONA ou axentes da Xunta lles digan nada. Veñen eleicións e non se pode molestar a ese colectivo tan importante en votos, cada día maior. Así de miserable é a nosa clase política.
O día 18 de febreiro temos eleicións nacionais na Galiza. Desde este blogue solicito que non se vote a aquelas organizacións políticas que fomentan esta impunidade por parte dos animalistas e mascotistas para prexuizo da convivencia, da seguridade das persoas e do medio natural. Por desgraza case todas as organizacións son xa cómplices, moi especialmente algunhas autodenominadas "progresistas" (ainda que de facto teñan montado unha auténtica ditadura mafiosa).