Seguidores e seguidoras

martes, 6 de febrero de 2024

Lagoa de Valdoviño 4/02/2024 (vergoña absoluta)

 O domingo pasado achegueime até a lagoa da Frouseira (Valdoviño). Levei o telescopio e fixen alghún que outro conteo rápido. Poño a lista das acuáticas avistadas:

  • 3 Patos cullereiros europeus (Spatula clypeata)
  • + Patos frisados (Mareca strepera)
  • + Lavancos reais (Anas platyrhynchos)
  • 215 Cercetas comúns (Anas crecca)
  • 12 Patos cristados (Aythya fuligula)
  • 1 Pato de cara branca (Aythya marila)
  • 46+ Merguilletes comúns (Tachybaptus ruficollis) contados en barrido rápido de telescopio. Habería bastantes máis con certeza
  • 1 Galiña de auga (Gallinula chloropus)
  • 83 Galos de auga (Fulica atra) polo menos
  • 85 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
  • 1 Pilro común (Calidris alpina)
  • 67 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
  • + Gaivotas de patas amarelas (Larus michahellis)
  • + Gaivotas escuras (Larus fuscus)
  • 1 Cegoña branca (Ciconia ciconia)
  • + Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
  • 3 Garzotas comúns (Egretta garzetta)
  • 18 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 6 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
  • 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)

Cercetas comúns (Anas crecca) e pilros tridáctilos (Calidris alba, ao fondo esquerda)

   De novo levei a Canon SX70. Mentras eu contaba María botoume unha mao coas fotos. Está empezando nisto da bicho-fotografía e fíxolle moita graza a maneira de se alimentar dos lavancos.

Lavancos reais (Anas platyrhynchos) alimentándose

Contando galos de auga

 Ao meu parecer, a serie SX de Canon empeorou desde a SX50. Non sei exactamente qué cambio implicou ese aumento de focal (de 215 a 247 mm) pero non consigo os resultados que tiña coa SX50 en cuanto a nitidez e estabilización. Quizá porque agora as cámaras están máis enfocadas ao vídeo o seu estabilizador para fotografía parece que traballa pior. Terei que investigar no manual.

Pilros tridáctilos (Calidris alba) en voo

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Canon SX70 focal 120 mm    ISO:100    V:1/1000   F:7,1

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Canon SX70 focal 120 mm    ISO:100    V:1/1000   F:7,1

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Canon SX70 focal 120 mm    ISO:100    V:1/1000   F:7,1

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Canon SX70 focal 120 mm    ISO:100    V:1/1000   F:7,1

Un servidor anotando no "cuaderno de campo"

  Por desgraza era domingo perto do mediodía. Un momento en que a presenza de mascotistas con cans soltos é realmente insufrible. Mentras aparcábamos o carro pasaban tres propietarios con tres cans medianos/grandes soltos polo paseo peonil. Nese preciso momento pasou tamén un veículo da Xunta cun axente de Medio Ambiente que fixo a vista gorda e non parou para darlles o toque a ningún deles. Só lle faltou acelerar a marcha e tapar os ollos coas mans para non velos. De vergoña!

Can correndo pola beira dun espazo protexido

 Pasa o mesmo coa policía local e os cans perigosos soltos sen buceira nas rúas da cidade. Porque isto non vai de "informar" ou de poñer cartaces.  Aquí hai evidentes directrices de arriba para que os mascotistas poidan circular impunemente infrinxindo canta normativa hai sen que a policía, SEPRONA ou axentes da Xunta lles digan nada. Veñen eleicións e non se pode molestar a ese colectivo tan importante en votos, cada día maior. Así de miserable é a nosa clase política.

 O día 18 de febreiro temos eleicións nacionais na Galiza. Desde este blogue solicito que non se vote a aquelas organizacións políticas que fomentan esta impunidade por parte dos animalistas e mascotistas para prexuizo da convivencia, da seguridade das persoas e do medio natural. Por desgraza case todas as organizacións son xa cómplices, moi especialmente algunhas autodenominadas "progresistas" (ainda que de facto teñan montado unha auténtica ditadura mafiosa).

10 comentarios:

  1. Tranquilo, os do seprona estanche moi ocupados chamandome a min para vir inspeccionar o meu pombal, que conta con todos os permisos habidos e por haber, e andan buscando as coxegas a ver se me poden multar por algo, non vaia a ser que eu incurra en maltrato animal por non deixar que as miñas pombas, domesticas, poidan sair a voar para que as pape o azor.
    Anton Carro

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ou a águia calzada esa que che ten o pombal controlado (dentro dun mes xa andarán por aquí). Avisa se ves algunha.

      Eliminar
  2. Xabi, pues me temo que, de seguir tu consejo, no votaremos a nadie: los "lindos gatitos" o "perritos" unen por igual a conservadores y progresistas... Malos tiempos, amigo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Desde logo que falamos dun problema "transversal", como se di agora. Sen embargo sabes ben que algúns son máis "transversais" ca outros. Nas pasadas municipais En Marea levaba no seu programa eleitoral que os cans puidesen acceder a edificos e transporte público (en parte conseguírono desde Madrid). E son claramente a vangarda política do colectivo animalista. Para moitos sociópatas desa secta levar un can atado é "maltrato". Non sigo que igual me censuran o blogue.

      Eliminar
  3. Ramón González Tenreiro8 de febrero de 2024, 11:15

    Buenas, a mí me tienen dicho esos desgraciados que en esa zona no molestan, que el espacio protegido está enfrente. Cuando les comentas que en toda esa zona no se pueden soltar perros se vuelven majaras y recurren al insulto y la amenaza de agresión. Conmigo se cortan por mi corpulencia, mas nunca he visto agresividad como la de los dueños incívicos, especialmente las dueñas, que, si pueden, te denuncian por acoso y/o violenciade género. Ni en delincuentes peligrosos he visto esa agresividad. Las tengo tenido tiesos con esa gentuza, ahora paso más.

    Por cierto, para mí son tan delincuentes como quien permite todo eso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Corríxote: EN NINGUNHA ZONA se poden ceibar cans segundo a lei de tenencia de mascotas vixente en territorio galego. Que os solten aínda por riba nun espazo con cinco figuras de protección oficial é xa unha provocación. Pero isto vai precisamente diso. Non é senón un pulso entre o movimento animalista e a civilización. E van gañando eles por goleada, porque os árbitros están comprados. Diga o que diga o "regulamento", se me permites o símil futboleiro.
      Grazas por comentar Ramón.

      Eliminar
  4. Ramón González Tenreiro8 de febrero de 2024, 14:20

    Bien corregido quedo. Es como dices, los perros, siempre con correa, salvo lugares habilitados para ellos, que usan muy pocos, casi todos prefieren dar por saco a los demás. Es hacer una zona verde y convertirse al momento en una zona canina, donde los sueltan, meando y cagando por todos lados; por cierto, no recogen todos, aunque quieran engañar a la gente, diciendo que la mayoría sí lo hace. De 10 recogen 6 como mucho. En Narón avisas a la Local de que hay perros sueltos y suelen aparecer, pero de sanción nada de nada, "avisan". No hacen lo mismo con los coches, ahí sí que multan, es lo fácil, no tienen que aguantar a nadie...

    No los sueltan en medio del monte, donde no haya nadie alrededor, porque ahí tienen miedo al jabalí. Lo fácil es incordiar al personal en parques y ciudades.

    No entiendo que los mascoteiros tengan tanto poder, porque sigue habiendo más gente sin perro, aunque en ésas estamos, en una total dictadura mascotista. El no hacer cumplir las leyes y normativas debería estar penado.

    ResponderEliminar
  5. Xosé Luis Formoso Díaz8 de febrero de 2024, 16:37

    O diro tantas veces:

    Os delincuentes seguen facendo o que queren porque non hai sancións. A impunidade é total.

    Xabier foi testemuña da pasividade dos que teñen que sancionar e, lonxe diso, finxen non ver. Para min son tan delincuentes coma eses donos.

    ResponderEliminar
  6. Os que o permiten son máis delincuentes, sen dúbida. Suponse que policía/axentes/Seprona están opara protexer ás persoas e ao medio natural. Pero só protexen a esa mafia mirando para outro sitio. O día 18 quen vote a Podemos é directamente cómplice deses trastornados, sen máis.

    ResponderEliminar
  7. Ramón Mera Breijo8 de febrero de 2024, 20:51

    Se agradece un montón que una persona, en este caso un naturalista como Xabier, tenga los santos perendengues de denunciar a los miserables que se creen que el perrete puede ir suelto en una zona con un montón de protecciones medioambientales, esi sí, sobre el papel, porque como si tuviera mil, los que tienen que actuar no lo hacen, en una clara dejación de funciones, que es delictiva per se.

    Yo también las he tenido gordísimas con esas escorias de dos patas que se creen que por tener un perro ya son amantes de los animales, lo "demuestran muy bien" dando por saco a la fauna salvaje. Esos malnacidos tampoco entienden que haya gente que no quiere que se acerca un perro que ni conocen ni quieren conocer. En España solamente se aprende a base de rascar el bolsillo, muy triste.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos