Pois temos mañá outra folga xeral. Desta volta con ámbito comarcal, logo do acordo unánime de todas as forzas sindicais.
A verdade é que a situación na comarca é ben merecedora desta nova convocatoria. Porque estamos ante unha auténtica situación de emerxencia nesta zona, tan dependente do sector naval. Hai anos a Mariña de guerra española tamén era un importante motor económico da comarca pero foi a menos, debido ao traslado da base operativa de parte da flota a Andalucía. Megasa, unha siderurxia instalada en Narón, que posúe moita importancia tamén coma fonte de emprego directo e indirecto está ante unha ameaza de peche. Se non se lles baixa a tarifa eléctrica, prognostícase o seu inminente peche e a translocación cara terras portuguesas.
Si, a situación é crítica en Ferrolterra. Tanto polos elevadísimos índices de paro, coma pola escasa oferta industrial, que fai que sexa unha comarca moi dependente de dúas ou tres industrias moi determinadas, sen outras alternativas de futuro.
Lembro a crise dos oitenta, cando a reconversión de ASTANO. Foron anos nos que a maldita heroína acabou por destruir unha parte importante da nosa mocidade, sobre todo nos barrios obreiros (aínda que tamén no meu, pertencente a militares da Armada), cun incremento notable da delincuencia nas rúas. Espero non ter que revivir de novo outro episodio como aquél, pero o paro, a desesperación, a falta de futuro, non son bos compañeiros de "viaxe".
Se a forte farinxite que levo arrastrando de maneira intermitente desde hai dez días mo permite, "Bichos e demáis familia" há estar mañá na manifestación unitaria, que sairá do Inferniño ás 12,00 horas coma sempre.
ADIANTE, COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!!!!
Moitos ánimos!!
ResponderEliminarMiña solidariedade cos compañeiros e compañeiras en folga.
Apertas,
Juan
Grazas, Juan. A ver como sae. A maiores da clase traballadora (obviamente) unha parte importante do sector do comercio, os autónomos, apoian tamén a folga de maneira sincera, pero a maioría pecharán únicamente para que non lles rompan o escaparate. Non se dan conta que cando a min me quitan a paga extra de Nadal, cando despiden a traballadores das auxiliares, ou se me regulan (algo moi probable se continuamos sen carga de traballo) os seus ingresos a fin de mes hano notar, e moito. Porque Ferrol vive do naval.
EliminarUnha aperta, Juan.
Casi nadie se da cuenta de nada.
Eliminarlos que si , mayormente , están atados y/o con la voluntad cautiva por alguna prevariquiña...el sistema asi lo monta.....
ánimo, cuando todo esté perdido , todos se manifestarán , mientras tanto a comprenderlos !!!!
Juan Cabeza
Grazas, Juan. Coma ben dís, cando a auga nos chegue ao pescozo a TODOS, daquela han manifestarse os que agora consideran isto "unha movida dos privilexiados da Bazán" (que, incríbelmente, son lexión entre certos sectores da sociedade ferrolá)
EliminarUnha aperta