Antes tivemos ocasión de observar unha parella de Azores (Accipiter gentilis) facéndose as beiras sobre o eucaliptal e un Miñato abelleiro (Pernis apivorus), que xa comeza a ser habitual por aquí nos últimos anos. Tamén unha Rula común (Streptopelia turtur), que aínda non desapareceu de "Eucaliptalandia", pero que pouco tardará. E pouco máis, a verdade.
Lavandeira boieira (Motacilla flava)
Poño unhas fotos de aves comúns. E sigo moi preocupado pola progresiva extinción da Folosa manchada (Locustella naevia). Este ano realicei un exaustivo control nos prados de Taraza, que supuñan ún dos seus últimos redutos de cría na comarca de Ferrol, onde era común nos anos oitenta e noventa en prados e humidais da zona (Doniños, Valdoviño, Moeche, etc). E, despois de tres meses de busca e escoita moi intensos, nada de nada. ¿Estaremos diante da desaparición oficial da especie?
Afortunadamente, ás outras folosas vailles bastante mellor. Como a esta Folosa marela, que aniña todos os anos nunha silveira de Taraza:
Folosa marela (Hippolais polyglotta)
E con estas fotiñas déixovos até a próxima. Vémonos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos