As dúas primeiras fotos están coa mesma ISO 400, aínda que a tomada coa reflex (foto 1) se disparou cunha velocidade máis rápida de 1/100 seg co que, teóricamente, se mellora o enfoque cando traballas con estas focais e cun obxecto animado. Non sei por qué a foto bridge (foto 2) quedou con ese matiz maxenta (rosáceo, vaia) que non fun capaz de quitar nin editando o tono.
Foto 1
450D + Tamron 150-600 ISO 400 V: 1/100 seg F: 6,5
Foto 2
SX50 ISO 400 V: 1/60 seg F: 6,5
As seguintes xa se puideron tirar cunha sensibilidade máis axeitada (ISO 200 a reflex e 125 a bridge). En ambos casos con velocidade de obturador lentísima. A pesar do trípode é algo insuficiente para traballar con estas focais. Xa dixen que a proba foi moi esixente para ambas máquinas. E insisto en que disparar a una ave ás tres da tarde un día de sol en Zamora ou Cádiz é moi doado porque podes usar velocidades rápidas para estes zooms, pero facelo ás nove da mañá un día de inverno en Ferrol, pois é como facelo coa luz apagada.
Que ninguén se me moleste por isto ollo; só é unha maneira de loubar as prestacións destes equipos, que se comportan moi dignamente en condicións moi adversas. Pensade que estaba orballando sen parar e o sol apenas saíra un pouco dun horizonte completamente cuberto!!!
Foto 3
450D + Tamron 150-600 ISO 200 V: 1/60 seg F: 6,3
Foto 4
SX50 (215 mm focal) ISO 125 V: 1/50 seg F: 6,5
Persoalmente creo que calquera dos rivais desta comparativa teñen unha relación cualidade-prezo simplemente IN-COM-PA-RÁ-BEL. Quen estea disposto a gastarse 3000 ou 4000 euros e a levar un armatoste de cinco quilos que te rebente as cervicais poderá disparar fotos mellores, sen dúbida. Pero con estas livianas pequerrechas é como levar unha piruleta. E, por certo, sorprendeume o peso moi contenido deste Tamron. Quizá a miña próxima compra fotográfica, dentro duns anos.
Que bem escreves companheiro... Mui didáctico o post.
ResponderEliminarApertas,
Damián
Graças, Damiám.
EliminarDisso se trata.