Logo da confirmación de cría en Doniños o ano pasado (preme para ollar) esperábamos ter novas en 2018 e así foi. Esta semana José Ramón Castro observaba e fotografaba un macho de Escribenta nunha canaveira da citada lagoa:
A chuvia e a Sony RX10 son unha combinación que adoita ofrecer unhas fotografías fantásticas. E José Ramón demostra cada día que aprende ben e moi rápido, porque vaia fotazas que se sacou hoxe. Con alumnos tan aplicados dá gosto saír ao campo.
Macho cantor de Escribenta das canaveiras
Tamén tivo a iniciativa e tirar unha foto do lugar e hábitat da observación, como é o sector occidental do lago. Todo se pega...
Lagoa de Doniños (Ferrol)
Acabamos o post con outra marabillosa fotografía do noso paseriforme máis ameazado de extinción (aínda que non goce de espazo na prensa nin do debido seguemento por parte dos paxareiros galegos)
Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus lusitanica)
Fotos: José Ramón Castro Gómez (Sony RX10 III ISO 800 V. 1/500 F:4)
Parabéns a José Ramón. Polo avistamento da especie e polas tremendas fotazas. Cos anos darase conta do valor que posúen estas imaxes tan valiosas.
Gracias a ti por enseñarme en cada salida a escuchar , observar y pararme a ver delante ,arriba y abajo siempre por muy poco que sea vale la.pena y más en estos tiempos que corremos y de nuevo gracias por darme tu tiempo ,que como ves aprendo
ResponderEliminarParabėns José Ramón. A ver se podemos confirmar a cría este ano.
ResponderEliminarXabi, ¿ onde se pode consultar ese censo? ¿ está publicado xa? Con eses datos, aterradores, é para tomar moi en serio esta subespecie que se nos va. E unha razón máis para protexer de mañeira efectiva Frouxeira e demáis lagoas litorais.
Un saúdo
Paco Girón
Escribano palustre PDF y ya lo ves creo ,por lo que leí habla del censo en toda España
EliminarAlexandre Justo deunos este enlace para condultar o censo de 2015:
ResponderEliminarhttps://www.seo.org/boletin/seguimiento/censos/43 escribano palustre