Hoxe a Xunta abría por fin a fronteira do concello e fun direito á lagoa da Frouxeira tras saír do traballo. Unha lagoa que estaba pecha e chea, por desgraza. A maiores facía vento e desde o paseio peonil tiña o sol de frente, unhas condicións pésimas para a observación ornitolóxica, pero estaba alí de novo, na miña querida Frouxeira.
- 4 Cullereiros (Platalea leucorodia)
- 114 Patos frisados (Mareca strepera)
- 16 Cercetas reais (Anas crecca)
- Unha ducia de patos mergulladores (Aythya spp). Estaban co sol de frente e resultaba imposíbel identificalos. Supoño que estarían os famosos affinis e collaris (tampouco fixen moito por achegarme)
- Un grupiño cativo de Galiñolas (Fulica atra) dunhas poucas ducias.
Ignoro que foi o que pasou. Unha espiña atravesando un órgano vital? Simple asfixia por exceso de gula? Un anzol de pesca que viña polo medio? Alí quedou flotando no medio da lagoa.
Eu non vou facerlle a autopsia na cociña da miña casa pero se alguén ten interese o bicho há ficar varado na beira da pista, onde será doado atopalo.
Outras cousas nunca cambian. Como os cans soltos omnipresentes no espazo protexido. Desta volta e xusto mentras me facían unha enquisa para a Xunta decidín advertir á propietaria de que os cans debían ir atados. A resposta foi a de sempre. Precisamente por culpa desa peste as limícolas agora xa non poder ir á praia cando a lagoa está chea (como facían antes). Por iso están sempre no illote da Percebelleira, frente a praia.
Lo de la muerte en directo que comentas sobre el Phalacrocorax carbo,podría haberse tragado un pez artificial llamado Rapala utilizado para la pesca de lubinas y otros peces.Esos peces artificiales lleva anzuelos triples y pude lleva uno ,dos y hasta tres de esos triples anzuelos.
ResponderEliminarBoas Xabi!
ResponderEliminarBonita entrada. Realmente é un alivio enorme para min poder saír de novo do concello (sempre responsablemente, claro). Estou impaciente por saír mañán a ver as "miñas" apreciadas aves mariñas. Realmente estou aficionándome a elas.
En resposta ao que di José Ramón: ben podería ser que tragara un señuelo tipo rapala, pero non o creo. O interior da lagoa non sería un lugar típico para utilizalos, e dubido que moita xente os empregue aí, aínda que non coñezo excesivamente ben o sitio xa que estiven poucas veces. Ademáis, ese tipo de señuelos teñen o seu atractivo para os predadores cando están en movemento; parados, son un "cacho" de plástico inerte no medio do mar (supoñendo que non había ninguén pescando nese momento). Aínda así, o realismo nas cores e forma que (cada vez máis) están tendo, non invita a ser moi positivo.
Saúdos, Nicolás
POis non podo opinar do que non coñezo (José Ramó foi pescador de robaliza, ollo). De todas formas deume a sensación de que o corvo "pelexaba" con algo a primeira vez que ollei para alí. Estaba conversando co entrevistador e cando dei preparado a cámara para disparara xa case acabara o lío, pero até me pareceu ver algo colgándolle do bico, algo longo,...quizá unha anguía? Foi unha pena que me pillara despistado sen tempo para ver a escea completa.
ResponderEliminarPor certo, non esquezamos o problema de pesca furtiva que existe no espazo "protexido". Xa atopei (e denunciei) trasmallos e nasas, por exemplo. Ollo.
ResponderEliminarSe pudo romper en el lance y quedar flotando,con el viento como dice Xabier pudo dar movimiento al rapala como si fuese un pez herido y el cormorán atacarlo pensando que era la comida
ResponderEliminarAlégrome que teñas algo que agradecerlle a Feijjoo e pola túa Frouxeira, pero... ¿ outros 30 anos sen ir por CoVas, Xabi?
ResponderEliminarPaco Girón
Perdoa pola tardanza, Paco (botei o día en Ortigueira). TRnaquilo que non vou botar outros 30 anos sen ir por aló. Agora xa me comprometín a facer seguemento de Azul TK e terei que ir aos Cabalos.
ResponderEliminarHola, ¿qué dixo a delincuente do can solto?
ResponderEliminarPois "- Vale, gracias". E sigueu paseando cos cans (eran 2) soltos polo mesmo borde da lagoa. Se eu estivese só había respostar de mala maneira. En calquer caso os cans nunca os prenden. Para qué o van facer se non lles custa multa ningunha levalos ceibes?
Eliminar