Seguidores e seguidoras

miércoles, 24 de febrero de 2021

Folga Xeral 10 de Marzo

   Como non podía ser doutra maneira Bichos e demais familia apoia a FOLGA XERAL convocada para o vindeiro 10 de Marzo en toda a comarca de Ferrol, Eume e Ortegal.

    Sobran motivos para facela. En Ferrolterra padecemos desde hai décadas unha crise industrial estrutural e ún dos índices de paro máis altos do Estado (maquillado grazas ao asteleiro de Navantia, que agora entra nun período sen carga de traballo). Ademáis dos tres principais sindicatos de clase (CIG, UGT e CCOO) nesta ocasión sumarase tamén a patronal ferrolá (que xa é dicir).

Plantel do Rácing de Ferrol coa faixa da convocatoria

 Ánimo e adiante! (haberá novo recordatorio).

2 comentarios:

  1. No sé si la foto es real ,pero si lo fuese no veo mascarillas ni la distancia que se debe mantener.Un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Certo. Ocurre o mesmo en todos os partidos do Barça, do Madrid e de todo o fútebol profisional ou semiprofisional. Disque é porque fan PCR´s. Será xusto ou inxusto pero é legal.
      Por certo, qué opina da folga un obreiro ferrolán en paro?

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos