Seguidores e seguidoras

jueves, 26 de octubre de 2023

Bichos vintage: Picapeixe (Alcedo atthis) 12/10/2015

 Entrada publicada o día 12/10/2015

  Unha desas aves que non lograba fotografar decentemente era o picapeixe (Alcedo atthis). Ou ben fuxía antes de eu disparar ou ben achábase sempre a unha grande distancia. Esta mañá, mentras buscaba novidades traídas po lo temporal na ría de Ferrol, conseguía por fin unhas boas imaxes deste paxaro espectacular.


     Sorprendentemente dei cun exemplar inusualmente confiado, que parecía non ter medo de min nin dos numerosos paseantes e ciclistas que percorrían o paseio peonil de Neda. Pousaba en diferentes salgueiros da pequena marisma do río Belelle e, de cando en vez, botábase na auga na procura dun peixe.  


     Cánto daría de si este pequeno e degradado humidal cunha mínima xestión medioambiental. Pero esas cousas fantásticas ocorren só en Europa. Aquí temos outras prioridades... Voltemos á realidade.


   O picapeixe comportouse. Perdín moitas fotos debido a que estaba pousado entre numerosa ramallada que estropeaba a maior parte das capturas e ademáis cada vez que pasaba alguén o paseo todo tremía e non podía disparar até que finalizaran as vibracións.


   Finalmente o Picapeixe achegouse até uns 6-8 m de min. E a esa distancia unha bridge moderna ben manexada é un cañón.

Picapeixe (Alcedo atthis) Nikon P900

Picapeixe (Alcedo atthis) Nikon P900

   Eran varios anos xa esperando este momento e desfruteino ben desfrutado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos