Seguidores e seguidoras

jueves, 12 de octubre de 2023

Ría de Ortigueira, 12 de outubro de 2023

    Sen máis literatura poño o censo parcial que realicei esta mañá desde o peirao de Ortigueira durante a baixamar. Nesta ocasión si contei as limícolas maiores. Por certo que saíu un número de mazaricos reais bastante mellor do que esperaba logo das últimas visitas, ...feitas en "modo turista", iso si. O dado seguro que interesa á amiga María Vidal (estes días veñen uns colegas franceses a anelar a especie precisamente a Ortigueira).

Garzas boieiras (Bubulcus ibis) repousando na ría ao mencer

Imos aló:

  • 1 Ganso de cara negra (Branta bernicla hrota). A subespecie B.b.hrota anida nas illas Svalvard e Groenlandia. No resto da súa distribución está a subespecie B.b.bernicla.
  • 1 Ganso de cara branca (Branta leucopsis). Este bicho podería ser un escape doméstico. Non o sei
  • 11 Patos asubiadores comúns (Mareca penelope)
  • 86 Lavancos reais (Anas platyrhynchos). Debera haber centos deles. Alarmante.
  • 14 Patos albelos (Anas acuta). Comezan a chegar
  • 136 Gabitas (Haematopus ostralegus). Insisto que contei desde o porto de Ortigueira con baixamar. Non son censos completos da ría
  • 3 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
  • 90 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
  • 351 Mazaricos reais (Numenius arquata). Sumando os que habería en Mera e Ladrido podemos considerar un número total arredor dos 400 ex. Por aí andará
  • 35 Fuselos de rabo pinto (Limosa lapponica)
  • 28 Fuselos de rabo negro (Limosa limosa)
  • 26 Pilros grosos (Calidris canutus)
  • 4 Pilros comúns (Calidris alpina)
  • 38 Pilros sp (Calidris sp). Moi lonxe. Probablemente comúns
  • 2 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
  • Deceas de biluricos de patas verdes (Tringa nebularia). Contara 37 ex o día 30/09/2023
  • Deceas de biluricos comúns (Tringa totanus). Contara 53 ex o día 30/09/2023
  • Gaivotas típicas (Chroicocephalus, Ichthyaetus, Larus sp)
  • 5+ Gaivotóns atlánticos (Larus marinus)
  • 2 Carráns cristados (Thalasseus sandvicensis)
  • 1 Carrán xuv (Sterna sp, seguramente hirundo)
  • Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
  • 1 Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis)
  • + Garzas reais (Ardea cinerea) n.c. Contara 26 ex o día 30/09/2023
  • 10 Garzas brancas (Ardea alba)
  • Deceas de garzotas (Egretta garzetta). Contara 24 ex o día 30/09/2023
  • 76 Garzas boieiras (Bubulcus ibis)
  • 62 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia). Aumento importante con respeito á última visita
  • 2 Aguias pescadoras (Pandion haliaetus)

Ganso de cara branca (Branta leucopsis). Imaxe testemuñal

   O máis salientábel foron os gansos. Dúas especies non raras aquí pero que sempre gostas de ver. Por desgraza estaban moi lonxe (1 Km ou máis). Nen coa OM-1 nen coa SX70 conseguín imaxes decentes. Poño unhas con valor documental e ponto.

Ganso de cara negra (Branta bernicla hrota)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm. Imaxe moi recurtada

Ganso de cara negra (Branta bernicla hrota)
Canon SX70. Imaxe moi recurtada

  A boa nova é que esta fin de semana entra unha borrasca que segundo os meteorólogos e meteorólogas virá co tempo propio destas alturas do ano. Ogallá!

5 comentarios:

  1. Gran traballo, Xabi. Parece que se anima un pouco esto.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Álvaro. Pero sigo moi preocupado polo tema dos lavancos reais...

      Eliminar
  2. Menos mal que algún sitio aún está funcionando a la altura de lo que cabría esperar. ¡Un abrazo, Xabi!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ortigueira e O Grove case sempre "funcionan", Jose. Menos mal tamén...

      Eliminar
  3. Xabi, os lavancos reais están todos no Azud de Riolobos (Salamanca). O sábado estiven alí e contábanse por miles. Fóra bromas, supoño que en Galicia estarán moi dispersos polas rías e lagoas interiores.
    Por desgracia, as gangas ibéricas non apareceron nas cuadrículas onde supostamente debían estar. Unha mágoa, prevexo un mal futuro para a especie en Castela e León. Si que puiden ver ortegas pola zona de Cantalpino-Villaflores. Terrible a política agraria da Junta de CYL, están abrindo autopistas agrarias por toda esa zona, o cal presaxia cambios radicais nos cultivos para as próximas décadas, que problabemente acabarán co hábitat estepario e con el, coas últimas gangas e ortegas do noroeste da península (cortizol ibérico e cortizol de barriga negra, en galego).

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos