Hoxe rematan oficialmente as vacacións do Nadal (ainda que mañá será festivo local). Como era previsíbel non foron días felices para quen escrebe. O loito pola morte de María non rematou nin moitísimo menos e as lembrazas chegaron con forza nestas datas tan sinaladas. Por ese motivo o volume de entradas neste post volveu ser tan importante, case diario. Mentras a mente está ocupada no blogue non pensa noutras cousas.
Niko P950 focal 80 mm equiv. ISO:200 V:1/250 F:5,6
Esta mañá voltaba pola ribeira de Maniños (Fene), onde me esperaba un tempo invernal. De feito mesmo caeu unha forte saraibada que case me colle fóra. O bon destes pequenos peiraos é que sempre tes o carro perto, algo que se agradece en xornadas como a de hoxe.
Aguantando a saraibada
O día amencía escuro. Ainda así escollín a P950 por probala en condicións de luz mínima.
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Niko P950 (focal 1200 mm equiv) ISO:900 V:1/250 F:6,3
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Niko P950 (focal 1600 mm equiv) ISO:1600 V:1/320 F:6,3
O grupo de mergullóns era hoxe de once exemplares. O resto deben andar entre O Seixo e o castro de Noville, outra zona da que gostan moito.
Mergullóns de pescozo negro. Ao fondo estaleiro de Navantia-Ferrol
Nikon P950 (focal 185 mm equiv) ISO:800 V:1/160 F:4,5
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 (focal 1100 mm equiv) ISO:1600 V:1/200 F:5,6
Aguia pescadora (Pandion haliaetus) perseguida por Corvus corone
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 (focal 1200 mm equiv) ISO:1600 V:1/320 F:6,3
Non canso de repetir o importante que é para os naturalistas fotógrafos empregar un bon programa de edición dixital. Chámese Lightroom, Photoshop, Darktable, Canon DPP ou o que sexa. As circunstancias en que disparamos son a miudo de máxima distancia e mínima luminosidade.
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 (focal 1200 mm equiv) ISO:1600 V:1/320 F:6,3
Os fotógrafos de verdade verían coma unha herexía o procesado ao que someto as miñas imaxes pero eles xogan a outro deporte. Os paxareiros somos vítimas das circunstancias, que dicía o outro. E debemos adaptarnos.
RAW da imaxe anterior editado con Lightroom Photoshop
Nikon P950 (focal 1200 mm equiv) ISO:1600 V:1/320 F:6,3
E con esta imaxe dos meus queridos mergullóns de pescozo negro rematamos por hoxe.
Moi boas fotografías, Xabi. Que fermosos son os mergullóns de pescozo negro, eu até me atrevería a dicir que son máis elegantes coa penaxe invernal que coa nupcial, aínda que esta última de entrada apareza máis chamativa. Os que somos de interior temos aínda menos oportunidades de gozar da observación desta especie, aínda que este ano temos un grupiño de catro que parece que escolleron o encoro de Castrelo de Miño para pasar o inverno, xunto cunha mobella grande. Pódense ver acompañando merguilletes comúns e mergullóns cristados e comparar in situ as tres especies de podicipédidos.
ResponderEliminarUn saúdo, Tirso Fernández
Olá, Tirso.
EliminarSon bichos fotoxénicos, certamente. Agora coa penaxe de inverno tamén, mas coa de primavera teñen un plus de beleza, na miña opinión. Na nosa ría (a segunda localidade galega en importancia) chegamos a ter 150 exemplares invernantes, que aguantan aquí até o mes de marzo. Se "Os catro de Castrelo" permanecen até daquela has poder velos coa coloración nupcial, se non completa alomenos parcial.
Obrigado por comentar e benvido a Bichos, Tirso.
Gústanme as fotos dos mergullóns. Mellor despois do procesado. Hai que ter en conta que o que vemos dunha foto dixital sempre é o resultado dun procesado que pode ser automático, como o que fan os móbiles, e que dan un resultado en jpg froito dun algoritmo que normalmente fai ben o seu traballo pero con limitacións. Se fas ti o traballo en algún formato raw, eres ti quen decide como debe ser a foto, e non o algoritmo, e os resultados son mellores. É o que fan os "fotógrafos de verdade" que ti dis.
ResponderEliminarGrazas polo teu blogue.
Olá, Santiago.
EliminarSei que os fotógrafos empregan "only RAW" e que procesan eles eses arquivos. Ún dos libros que teño de Fran Nieto trata específicamente sobre o revelado con Lightroom e Photoshop, de feito. O que quería dicir é que eles tentan non alterar a imaxe tal como eles a capturan. Quero dicir, un fotógrafo non vai usar un flitro dixital se pode usar antes ún "físico" na óptica. Igual que non van aplicar un recurte da foto senón que vai tentar achegarse ao bicho por medio dun hide ou dunha espera ata telo á distancia que eles consideran. Non sei se agora me expliquei mellor.
Por certo, os móbiles tamén disparan en RAW. Polo menos os Samsung que tiven e teño (hai que escoller "modo pro").
Saúdos.