Onte tivemos unha visita moi especial por terras de Ferrol, concretamente na lagoa de Valdoviño. Nada máis e nada menos que Don José de Souza Bazarra, ornitólogo pioneiro e referente para min, tanto polo seu imenso coñecimento naturalista como pola súa marabillosa personalidade. Un pequeno comité de recepción formado por Pablo Vázquez, Ángel Couce, José Ramón Castro e máis eu recibimos a Souza, que veu acompañado por Miguel López Caeiro e Alberto de Souza (o seu fillo).
Souza no medio da imaxe
Porén, quen si acompañou foi A Frouseira, que ofreceu a tan ilustre visitante todas as especies presentes estes días, incluidas as raridades. De todas formas o que máis feliz fixo a Jose (Souza) foron os galos de auga, unha rálida que el coñecede como ninguén e que mantén en Valdoviño ún dos seus últimos redutos galegos de invernada e migración.
A primeira hora orballaba. Depois parou de chover, cousa que agradecimos todos.
Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus) baixo o orballo. Toma moi recurtada
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:800 V:1/200 F:4
Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400 V:1/200 F:4
A femia de mergo grande segue na lagoa, ainda que ontes nadaba pola parte máis externa da canle de desaugue. Este exemplar tivo a honra de ser un bimbo para Souza. De entre os millóns de aves que terá censado nunca antes vira un merganser.
Mergo grande (Mergus merganser)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400 V:1/400 F:4
Mergo grande (Mergus merganser) na canle da lagoa
Mergo grande (Mergus merganser)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400 V:1/400 F:4
Mergo grande (Mergus merganser)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400 V:1/400 F:4
Mergo grande facendo snorkel
Mergo grande (Mergus merganser)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400 V:1/500 F:4
Mergo grande con captura
Corvo mariño grande roubando captura ao mergo
Tamén estaba a famosa cerceta americana (Anas crecca carolinensis) pero o que máis emocionou a Souza foron os galos de auga, que ademáis onte se achegaron máis do habitual.
Galos de auga (Fulica atra)
Sony RX10 III (focal 470 mm) ISO:1600 V:1/200 F:4
Galo de auga (Fulica atra)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400 V:1/500 F:4,5
Foi inspirador ver a unha lenda da ornitoloxía galega desfrutar tanto cos humildes galos de auga; unha acuática que de común xa non ten nada na nosa terra. Souza ten estudado en profundidade a esta especie (en lugares coma o seu querido encoro de Sabón) agora moi rara como nidificante a nivel galego e que apenas congrega unhas poucas ducias de exemplares invernantes na lagoa de Valdoviño.
Galo de auga (Fulica atra)
Sony RX10 III (focal 525 mm) ISO:400 V:1/500 F:5,6
Galo de auga (Fulica atra)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:800 V:1/250 F:4,5
Sony RX10 III (focal 485 mm) ISO:400 V:1/320 F:4,5
Na última apréciase moi ben a forma do pé deste rálido, cos dedos lobulados, a diferenza das palmaduras completas que posúen as anatídeas ou as mariñas, por exemplo.
Galos de auga (Fulica atra)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400 V:1/500 F:5,6
Unha xornada fantástica no reencontro co grande Souza, a quen había anos que non atopaba en persoa e con quen resulta sempre un pracer paxarear ou simplesmente escoitar o que di mentras camiñas (fabulosa especialmente a súa aventura na ría de Aveiro en 1979).
Un servidor camiñando co mestre (Alberto de Souza detrás)
Espérovos no próximo post!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos