Mais un ano volvemos ter observacións numerosas de águia calzada (Hieraaetus pennatus) na cidade de Ferrol. Hoxe pola mañá observaba o que claramente era un exemplar da especie voando sobre o casco histórico de Ferrol. Eu estaba en Navantia, así que foi unha observación moi lonxana; mas o rebumbio que armaban todas as gaivotas da cidade, o xeito de voar da rapina e unha breve visión do seu papo branco fixeron que a dera por tal especie en grao moi probábel. Nese momento pasaba xunto a min o meu xefe e preguntoume qué miraba, ocasión que aproveitei para darlle unha explicación sobre a espansión desta pequena aguia pola zona.
Se pola mañá non puiden ter certeza sobre a identificación, ésta chegou pola tarde. Hai un momento escoitei o mesmo follón gaivoteiro pola ventá da cociña e xa fun directo a pola cámara, pois imaxinaba quén estaba por alí. E así foi:
Neste mapa de Ferrol indico os dous pontos das observacións de hoxe. O da esquerda pola mañá e o da dereita pola tarde. En pleno casco urbano ambas. Se nos contan estas cousas hai trinta anos caemos de cú, dígocho eu.
Históricamente era unha especie migrante transahariana con presenza estival na Península. Agora xa é común de inverno, mesmo por estas terras do noroeste. Ademáis considero probábel a sua reprodución en dous pontos da ría de Ferrol. Por desgraza non puiden adicar o tempo necesario para confirmar estas sospeitas. Terminamos coa foto dunha calzada tomada na miña querida terra zamorana o ano pasado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos