Hoxe ao saír da oficina onde traballo voltei á outra "oficina"; onde chovía con ganas.
Afortunadamente parou de chover ao cabo dun rato, e aproveitei para visitar os peiraos habituais: O Seixo, Maniños e Barallobre.
Rampa de Maniños (Fene)
No observatorio
Resumo o máis salientábel do observado hoxe:
- 16 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis). Semella que xa marchou algún.
- 1 Mobella grande (Gavia immer)
- 6+ Corvos mariños cristados (Gulosus aristotelis)
- 1 Garza branca grande (Ardea alba)
Corvos mariños reais e cristados (Phalacrocorax carbo/Gulosus aristotelis)
Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) xoven
Garza branca grande (Ardea alba). Distancia: 370 m. Imaxe recurtada
Nikon P950 focal 1800 mm ISO:200 V:1/500 F:6,3
Garza real (Ardea cinerea)
Nikon P950 focal 1400 mm ISO:400 V:1/320 F:6,3
Mobella grande (Gavia immer). Distancia aprox 2 Km
Se o outro día fotografara os mergullóns a media distancia e con moi boa luz hoxe estaban máis perto e co ceo toldado. O sábado debín levar a P950 e hoxe a OM-1 ou a Sony RX10, que irían moito mellor nestas circunstancias (cando os bichos están perto e se moven rápido resulta enormemente difícil coller foco cunha bridge de sensor 1/2,3")
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 1000 mm ISO:400 V:1/400 F:6,3
Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 1500 mm ISO:800 V:1/320 F:6,3
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 1400 mm ISO:800 V:1/500 F:6,3
Obviamente as condicións das capturas eran moi malas e para reducir o ruido tiven que botar mao da I.A., máis unha vez. De qué ferramenta tan marabillosa dispomos os afeizoados á fotografía!
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 2000 mm ISO:800 V:1/500 F:6,5
Como vedes algúns mergullóns mostran a penaxe de celo case completa. Por marzo xa a terán case todos, se aínda os temos conosco daquela.
Estupendas fotos, Xabi. Además, esta claro que esta "oficina" es más divertida que las que yo conocí hace años...
ResponderEliminarUn abrazo y hasta la próxima.
Grazas, Jose.
EliminarSi que se están poñendo bonitos os nigricollis. De feito vin un con tanta cor vermella que por un momento "me se cruzaron os cables" e cheguei a pensar nun auritus. Será que os boto de menos...
E agradézoche moitísimo os comentarios que me fas. Sigo sen entender que persoas que (me consta) siguen este blogue case a diario sexan incapaces de facer un só comentario, como se lles fose cobrar por facelo. Seguramente nacín no século equivocado porque teño unhas pautas de cortesía e moral absolutamente caducas nesta era, polo que vexo.
Un abrazo, monstro.
Otro de mi parte, tío. Y, aunque te entiendo perfectamente, no te preocupes: hay gente que, aun pirrándole tus entradas del blog -porque nunca te dejan frío-, se sienten raros, desubicados, si tienen que hacer comentarios animosos o corteses, como si todo les sonara hueco. Así es la vida, no todos somos iguales, y muchos se cortan por su timidez o porque les parece una ñoñería hacer un cumplido, aunque sea merecido como es el caso. Ánimo, y mirando para delante!
ResponderEliminarMoi boas fotos e observacións
ResponderEliminarGrazas, Yago. Mágoa non ter a Sony ou a Olympus (estaban cerquísima pero a Nikon P950 sufre moitísimo nesas cirunstancias).
EliminarGrazas por comentar.