Seguidores e seguidoras

mércores, 12 de febreiro de 2025

12/02/2025 Subindo a 24 Podiceps nigricollis

  Onte estranoume ver tan só 16 exemplares de mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis) tendo en conta as alturas do ano. Sei de sobras que non sempre é doado velos, sobretodo cando na ría sopra algo de vento e o mar apresenta algo de ondaxe. Por iso voltei hoxe por aló.

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis) xunto ao pantalán de Barallobre (Fene)

   Grazas a esta foto (qué ferramenta tan boa para censar acuáticas!) confirmouse que agora hai 24 mergullóns. É a primeira vez neste inverno que conto esta cifra, logo de andar bailando entre 21 e 23 exemplares. Quizá apareceu un individuo procedente doutra localidade ou ben se trata dún que non se atopaba nas zonas controladas habitualmente por min.

Grupo de 24 mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)


  Hoxe non se achegaron tanto, mas déronme unha pequena alegría por haber máis dos que pensaba. Logo seguín "de patrulla" polos peiraos de Maniños e Barallobre.

Bilurico botando a siesta en Barallobre

Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
Sony RX10 III focal 600 mm equiv   ISO:100    V:1/125    F:5

Gaivota patiamarela (Larus michahellis)
Sony RX10 III focal 600 mm equiv   ISO:100    V:1/125    F:5

   Aínda non pillei de cerca algunha mobella, pero esas aves son difíceis de fotografar en Ferrol, unha ría moito máis grande e con augas moito máis abertas que a de Ortigueira, por exemplo. A ver se antes de remataren a invernada o consigo. Faime especial ilusión a mobella ártica, que só vira unha vez anteriormente aquí, hai máis de vinte anos, como xa contei. Esperemos que siga por aquí o exemplar invernante este ano. Seguiremos a informar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos