Seguidores e seguidoras

xoves, 9 de outubro de 2014

Lagoa de Valdoviño, última hora

   Esta mesma tarde fixen unha visita de control moi breve á lagoa de Valdoviño, co único fin de ver se había algunha novidade na canle, logo destas mareas fortes.
 

   A marexada e as mareas vivas destes días están a rebasar a barra dunar e a meter auga no lago durante o período de preamar. E, por agora, nada máis.


      Vendo o espazo existente entre mar e lagoa, penso que vai ser difícil que "abra", algo que todos desexamos que suceda. Se non ocorre pasará o dos últimos anos, xa sabedes: inundacións, espectáculo de Tragsa e o seu operativo hollywodiense, protestas viciñais, etc, etc.. para, ao final, baleirar coma sempre; sexa polas boas ou polas malas.

Atlántico metendo auga na lagoa de Valdoviño

     Amigos ornitólogos, queda esperar...

2 comentarios:

  1. Pois coma ben dices, comeza de novo a historia de tódolos invernos. A ver qué é o que nos depara este.
    Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Precisamente dou o próximo venres unha charla sobre este asunto, Quique... Menos mal que os burros da Xunta (digo burros por non dicir outra cousa pior) xa se deron conta de que hai que abrila.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos