Anunciaba hai pouco a inminente chegada do chuvioso inverno, sen darme conta do verán que tivéramos este ano. Porque claro, ás veces pasa que o que non veu no seu momento vén máis tarde, cando non toca.
Non levo a conta, pero penso que debemos levar como uns dez días, como mínimo, con tempo soleado ou pouco nuboso (con algunha chuvisca sen importancia). Tendo en conta as datas nas que estamos, podemos considerar isto como unha especie de verán con retraso. Ten pasado outras veces; hai un par de anos, sen ir máis lonxe, tivéramos 30 º C en Ferrol en Outubro, mas non é desde logo o normal por aquí (que conste que xa levamos 75 mm de precipitación este mes, a pesar de todo)
Persoalmente eu necesito moito do sol para "termorregularme mentalmente", así que recibo este tempo inusualmente veraniego con certa alegría. Además supón un importante aforro enerxético e económico (menos luz e menos calefacción). Esa é a parte boa.
Se embargo as consecuencias desta climatoloxía anómala serán malas para o mundo natural: para a agricultura (a ver eses grelos.... que necesitan dalgunha xeada), para o período reprodutor dos anfibios ou para os movimentos migratorios das aves.
Pero, estando ás portas de Novembro, dicir que paseamos en sandalias e de manga curta baixo este sol estupendo, pois supón un regalo para algúns de nós.
Despois de o inverno que tivemos e do escaso veran, eu tamen agradezo estas temperaturas agradables. A desfrutar mentres sexa posible.
ResponderEliminar(Perdon pola ausencia de til, pero esta aplicacion do mobil non me deixa )
Apertas,
Ines
Unha pregunta tonta; que non "unha pregunta, tonta" . Aproveito o exemplo para lembrar a importancia dos signos ortográficos, algo que o persoal neste país semella non comprender, e así vai a comunicación (non é teu caso, Inés).
EliminarAo que ía: ¿probaches a aguantar pulsada a tecla da vogal correspondente? ¿Non se che abre unha ventá con diferentes grafías similares de diferentes idiomas?
Na aplicación do móbil, se pulso a vogal prolongadamente, escribe a vogal de seguido repetidas veces ( en vez de poñer "é", por exemplo, escribe "eeeee"). Pero só me pasa coa aplicación do Facebook. Supoño que terei que buscar outra, onde se poida escribir ben.
EliminarBiquiños,
Inés
Pois a miña aplicación facebook en Android vai de cine. Non sei...
EliminarMira a ver. Bicos.
Hola Xabi:
ResponderEliminarSi este tiempo soleado no se alarga en exceso no pasará de ser una curiosa y agradable rareza. Lo malo es si se prolonga más de la cuenta. Hay que tenerlo claro: el buen tiempo es aquel que se adecua a la estación correspondiente. Dicho esto, poco me gustan tanto el verano como el invierno.
A mí lo que me van son las temperaturas suaves y la alternancia de los días húmedos y lluviosos con otros secos y soleados. Es decir, me gusta el otoño, y sobre todo, la primavera. Los montes verdes, la luz, el aire tibio, los paisajes palpitantes de vida, de sonidos, de olores... la Naturaleza renace de nuevo... y de nuevo vuelve a ser niña... y nosotros, los que la amamos, volvemos a ser niños con ella... ¿a que sí?
Y ahora, gritemos todos: ¡¡¡¡VIVA LA PRIMAVERA!!!!
Un saludo.
Daniel Pérez Rodríguez (Ourense)
VIVA!!!
EliminarPD: En Ourense sei que non é tan "heavy", pero aquí a parte final do Outono (entre mediados de Outubro e mediados de Decembro) é máis ben unha alternancia de días chuviosos, días moi chuviosos e días hiperchuviosos. Aínda que de cando en vez vén un ano coma éste, que maquilla un pouco as estatísticas.
Os collós ¡¡¡
ResponderEliminarEstase a escarallar a tempada de cogomelos e panes de sapo varios e ti tan contento ...
Non tes corazón ¡¡¡
A ver se empezan as borrascas e acaba este tempo sarraceno dunha vez, que calquera cousa por riba dos 20 graos celsius non pode ser senon un mal de ollo ...
Non teño non. Xa vos dixen que eu non son galego, ja, ja..
EliminarViva a luz!