Seguidores e seguidoras

xoves, 22 de xullo de 2021

Últimas fotos de Susiño (Larus marinus)

   En poucos días o pito de gaivotón nacido na factoría de Navantia-Ferrol marchará con rumo descoñecido. Estou de ferias e cando volva ao traballo, a mediados de Agosto, a colonia estará baleira.  Esta mañá achegábame para tomar as que probábelmente serán últimas fotos de Susiño, que nacía tal día como un 23 de Maio:

Susiño recén nacido

   Durante estes dos meses o control deste niño excepcional estivo chea de disgustos e de sustos. Perdeuse ún dos ovos por causa descoñecida e temín pola morte de Susiño en varias ocasións. Tamén tivemos a presenza dun terceiro adulto de gaivotón rondando o niño que non me deixou tranquilo até que marchou.

Niño de gaivotón (Larus marinus) no peirao Nº6 de Navantia

  Finalmente semella que esta vez o polo vai chegar a voar.

Polo de gaivotón con aproximadamente dúas semanas

  Logo de solicitar o permiso á Dirección, José Ramón Castro e máis eu puidemos observalo e fotografalo con tranquilidade desde o peirao. Susiño xa ten a plumaxe de vóo completa e ten un tamaño grande dabondo para sentirse seguro.

Polo de gaivotón (Larus marinus) Distancia: 175 m. Autodisparo sobre pedra
Nikon P1000 focal 3000 mm  ISO:140  V:1/80  F:8

Facendo estiramentos

  Os dous proxenitores lograron por fin sacar adiante un polo logo de varios intentos fracasados.

Susiño pedindo a merenda

  Nalgunha foto xa se aprecia o típico contraste entre a cabeza case branca e o lombo escuro, e que os diferenza dos xuvenís de patimarela a moita distancia.

Polo de gaivotón (Larus marinus), vista dorsal

Susiño xunto a xuvenil de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)

Polo de gaivotón (Larus marinus, esda) e de patimarela (Larus michahellis, drta)

    Eu non estou infectado polo veleno antiespecista. Sen embargo resulta imposíbel non coller certo cariño cara este polo tan especial, ún dos primeiros da especie nacidos na provincia. Como naturalista sei que cando creza Susiño (ou Susiña) será un terríbel depredador, que non dubidará en devorar polos de outras aves. Sen embargo para min será sempre o pito ao que vin nacer e crecer no peirao Nº6 de Navantia.

Polo de gaivotón (Larus marinus). Distancia: 175 m. Autodisparo sobre pedra
Nikon P1000 focal 2600 mm  ISO: 110   V:1/60   F:7,1

  Agora queda esperar novas del. Quizá no futuro recibamos o aviso dalgún colega que o avistou nunha praia portuguesa, francesa ou asturiana, quén sabe. Adeus, meu pequerrecho!

9 comentarios:

  1. Excelente seguimento de Susiño, a pesar dos sustos e desgustos. Estaremos atentos a ver o se o damos visto polo Arco Ártabro adiante, ou além! Um abraço, Cosme Damián Romay

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Igual hai sorpresa e mo atopo de novo na factoria à volta das férias. Vim polos de patimarelas urbanas que voltavam ao telhado de origem aínda Setembro ou mesmo Outubro (para gorronear comida aos pais). De gaivotóns pois sinceramente nom tenho nem idea de como "funcionam".

      Eliminar
  2. Malo será que no se vuelva a ver, en ese espigón para el año que viene o el otro más.Gracias por molestarte en enseñarmelo.

    ResponderEliminar
  3. Apadriñado por grandes ornitólogos e mellores personas, Susiño merece unha longa vida!! Coma convidado de luxo, agradezo que me facérades partícipe neste anelamento!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Certamente. Ter de padriños a Don Andrés Bermejo e a Don Xan R. Silvar é todo un privilexio para as aves mariñas galegas (mágoa que Jorge non puido vir este ano).
      Grazas por todo, Vítor.

      Eliminar
    2. Andrés, Xan, Xurxo e ti sodes os seus padriños!!!!!! Digocho eu!!

      Eliminar
  4. Gustoume moito a historia de Susiño. Unha pregunta en relación con as patiamarelas:
    Fai duas semanas vin unha patiamarela nun laguiño entre a Albufera de Valencia e o mar. Comportábase coma un flamingo.Removía a lama do fondo coas duas patas, a moito ritmo e a o mesmo tempo comía con voracidade todo o que saía.Nunta tiña visto unha patiamarela comendo deste xeito. Tiña moita fame. A cousa durou moito tempo. Non a vin parar.É normal ista conduta en unha patiamarela.
    Grazas.
    Arturo Maira Rodríguez

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá, Arturo.
      Eu nunha "pati" nunca o vin, pero resulta bastante habitual en choronas (Chroicocephalus ridibundus). Supoño que é unha adaptación a ese hábitat mediterráneo, que terá invertebrados diferentes aos dos humidais atlánticos. Coma o crustáceo ese que come o flamingo e lle dá a caracística cor rosa. Había moitísimos (por millares) nunha salina do Delta do Ebre e era realmente espectacular, aínda que xa me vou do tema da pregunta, hehe..
      Grazas por comentar e xa sabes que estou á túa disposición aquí ou por correo.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos