Seguidores e seguidoras

martes, 13 de julio de 2021

Obradoiro sobre fotografía de Natureza co G.N. Hábitat

   Este próximo domingo vou impartir unha charla sobre fotografía de Natureza con cámaras compactas (bridge), invitado polo Grupo Naturalista Hábitat, do que son socio. Pego o cartaz publicado na web


  A actividade está orientada a naturalistas con nulo ou escaso coñecimento sobre fotografía. Espero que depois de asistir sexan capaces de tirar mellor proveito ás súas cámaras. Con tal fin faremos primeiro unha partilla teórica sobre conceitos básicos de fotografía e as especificidades das bridge, así como algúns trucos e consellos prácticos no campo. Adianto algunhas das cousas que tentaremos ver se dá tempo (o protocolo anti-covid aconsella non permanecer demasiado tempo no local):











Depois faremos unha saída práctica polos campos da Torre de Hércules para poñer en práctica algunhas das cousas explicadas.  Non había moito aforo no local por culpa do maldito Covid e me din desde Hábitat que xa case non quedan prazas libres pero se tedes sorte igual colledes sitio cubrindo o formulario de inscrición no seguinte enlace: G. N. Hábitat.

  Dame moita pena que por culpa da pandemia moita xente vai quedar fóra sen poder asistir pero xa adianto que estou disposto a repetilo se a xente así o demanda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos