Esta mañá facía unha nova visita ao encoro das Forcadas na que censaba a cada ano máis cativa comunidade de acuáticas. Se queredes ver a lista de aves completa podedes consultar este enlace de ebird: https://ebird.org/checklist/S94487237
Imos directamente co resultado das acuáticas:
- 22 Lavancos (Anas platyrhynchos)
- 15 Cercetas reais (Anas crecca)
- 19+ Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis). Importante declinio da sp neste humidal, comparado con anos atrás: 64 ex censados o 15/09/2002, 84 ex o 10/09/2005 ou 89 ex o 27/09/2006. Agora coñezo moito mellor o encoro e teño máis experiencia pero aínda así saen cifras alarmantemente menores.
- 5 Mergullóns cristados (Podiceps cristatus)
- 8 Galiñas de río (Gallinula chloropus). Maioría (ou todas) exemplares novos. Seguimos sen novas da galiñola negra (Fulica atra).
- 3 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 2 Biluricos alinegros (Tringa ochropus)
- 5 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
- 7 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 1 Garza vermella (Ardea purpurea) xuvenil
- 3 Picapeixes (Alcedo atthis)
Ademáis das acuáticas podemos salientar a abondancia de papamoscas negros (Ficedula hypolueca) e picafollas cantores (Phylloscopus trochilus), 1 Papamoscas cincento (Muscicapa striata) e 1 colirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus). O papamoscas cincento estaba moi agresivo cun papamoscas negro, ao que botaba constantemente cando se pousaba perto del.
Nestas alturas hai unha morea de libeliñas voando sobre as augas do encoro e nas súas ribeiras, sendo especialmente visíbeis os Sympetrum spp, as numerosas Anax imperator e as máis abondosas aínda Aeshna mixta, quizá o odonato máis doadamente observábel no encoro.
Cambiando de tema, comentar que esta semana atopouse un pilro peitoral (Calidris melanotos) na pequena praia do Vilar, Covas (Ferrol). Non puiden evista achegarme por aló antontes para fotografalo e, de paso, tamén outras limícolas que se alimentaban xunto con el, como por exemplo un grupiño de 4 pilros pequenos (Calidris minuta).
Un bonito post de la forcadas.Y si hay que estar pendientes que hay mucha pajarada en migración.Yo hoy en Valdoviño 1 aguja colinegra , dos agujas colipintas y un pechiazul muy tranquilos y dejándose acerca bastante sin asustarlas.
ResponderEliminarE moi boa época para Valdovo. Dalle recordos da miña parte e se che pregunta por min dille que non podo ir porque estou sen carro, por exemplo.
EliminarBonito post. Moi ilustrativo.
ResponderEliminarGraciñas, Mari. Esta visita si que non a esperaba. Agradécese especialmente.
EliminarUn bico.